feb 5th, 2010
porrubenperez.
Todavía non remataron os exames, e A Botica da Expresión anda máis orfa do normal. Nesta semanas de estudo aconteceron moitas cousas. En primeiro lugar, a declaración de Cangas como primeira vila de Galiza contraria aos festexos taurinos, sen dúbida un paso moi potente do movemento abolicionista galego.
Outra nova que me sorprendeu será ler a Chomsky cada mes nun coñecido xornal, o diario Público; sen dúbida unha das persoas máis críticas co seu propio país e cos seus gobernantes e sistema. Un dos expertos cidadáns, sen moitas cavilacións. Por certo, o sábado o mesmo xornal ofrece a súa obra "Utopía", que eu non deixaria escapar.
Ao señor Aznar as cousas non lle pintan tan ben, despois de que a Xustiza anunciara que investigará ao seu antigo goberno popular por financiar, supostamente, a un grupo de presión co obxetivo de que lle otorgaran a medalla de ouro do Congreso dos Estados Unidos. Eu temía que non quixera quedarse nas Azores, aprendendo inglés e italiano, e por desgracia nosa, puido ocorrer que dera diñeiro da cidadanía para aumentar a estantería dos trofeos, xunto coa resolución da ONU e o Iraq.
Sen dúbida o filme do mes é To Shoot an Elephant, un documentario nada corrente sobre a invasión de Gaza, por parte do estado de Israel. Xusto poucos días antes de que o propio goberno (terrorista) admitira que empregou fósforo branco. Tamén é interesante ver "Gaza: War in Media", que emprega material do filme de Alberto Arce e Mohammad Rujailah e enfoca a situación dende o punto de vista dos medios de comunicación, os mass media e a demagoxia dalgúns.
Pero tamén estaremos atentos para ver como remata a polémica do decreto pluri-maxi-hiper-lingüístico. Pois eu penso que mellor que a língua inglesa, habería que aprender chinés, idioma en expansión e próximo idioma dos negocios no mundo. Sigo co estudo...
Publicado en: Dereitos e Persoas, Língua, Política.
Etiquetado: cangas · chomsky · decreto · diario · expansión · galego · ideas · idioma · mensual · mes · moción · público · plurilingüísmo · polémica · queremos · rebumbio · revolto · touradas · xornal
xan 16th, 2010
porrubenperez.
A pasada semana unha nova espertou un positivo interese nos medios de comunicación. Tratábase do lanzamento da campaña "Queres declarar a túa vila abolicionista?", idea da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, que concentraba no seu primeiro día de vida a presentación de mocións contrarias á barbarie taurina en 19 concellos galegos.
Xa pasaron 12 días dende a presentación da campaña e do "boom" mediático, e xa son 25 os concellos que recibiran unha moción no rexistro municipal, como adiantaba o xornal Público nunha entrevista a un membro da organización abolicionista galega.
Hoxe a nova é moi positiva, como informa La Coz de Galicia e o medio taurino Burladero. Trátase da primeira moción contra as touradas presentada nun concello por parte dunha formación política, unha iniciativa auspiciada pola formación Alternativa Canguesa de Esquerdas, que levara a proposta de Galicia, Mellor Sen Touradas ao seguinte pleno do concello de Cangas con algunhas modificación segundo puiden coñecer...
ACE goberna en coalición co Bloque Nacionalista Galego e o PSdeG-PSOE, e a situación na vila non é moi estable despois de toda a revolta co gallo das obras e do porto cangués. Sen embargo a proposta ten que continuar (the show must go on!) e ten que aprobarse, pois de facelo, sería o primeiro concello galego oficialmente contrario ás touradas, despois de que o alcalde de Monforte rexeitara debater a iniciativa, nun intento por contentar ao lobby taurino.
Publicado en: Dereitos e Animais.
Etiquetado: abalo · alternativa · bng · brutalidade · campaña · canguesa · concello · corporación · esquerdas · festa · mariano · moción · morte · municipal · PP · PSdeG · PSOE · sangue · sufrimento · tauromaquia · tortura · touradas · tradición · vila