A botica da expresión Rotating Header Image

Abril, 2008:

Está morta

O debate da lingua galega xa chega a derroteiros moi estranos. Facendo un repaso a situación das dúas linguas cooficiais de Galicia, vemos que dende a chegada da democracia ningunha persoa protestou pola situación dun castelán, que nas portas do século XXI está a morrer. Xa lle queda moi pouco a pobre lingua.

Isto, como é evidente non está a pasar; é unha ficción, un soño dalgúns, que viron necesario crear un problema onde non o había. Nos últimos anos, a imposición como chaman algúns, a imposición dos nazis, como tamén os califican, tenta asegurar un ensino e un uso dunha lingua en termos iguais. A realidade dí moito da situación, e as testemuñas xurden sen descanso. Agora os estudantes debemos dicir, sí: eu tiven un ensino onde só 2 asinaturas eran en galego. Unha problemática que califican de cruzada, pois o galego é a lingua infiel.

A democracia e a liberdade de expresión abranguen terreos moi amplos. Aquí, a pesares do que dín algúns, non hai mellores ni peores, non hai razas superiores. ¿Porque algúns teñen a teima de dividir? ¿Onde aprenderán galego os nosos galeguiños, nunha academia? Pois si que imos ben.

Vendida en:

Galiza Indymedia 29/4/2008

La Voz de Galicia 29/4/2008 (Edición Dixital)

España, unha merda desmembrada e laica

E é que o título non diferirá moito dalgunha frase pronunciada por algún locutor dalgún medio de comunicación afín á xerarquía eclesiástica.

O nomeamento dos ministros puxo de novo sobre a mesa o continuo debate da aconfesionalidade do Estado. Está claro que se nun nomeamento oficial seguimos mantendo un crucifixo e unha Biblia, as imaxes que salgan nos medios de comunicación non diferirán moito daqueles NON-DO, onde demócratas (de toda a vida) xuraban cargos case vitalicios.

Por iso, e xa que estamos metidos no meollo hai que revisar eses acordos que someten a un teórico estado aconfesional a seguir comendo a merda dunha única relixión: a católica. Que ocorrería se un dos ministros fose xudeu ou musulmán?

Se é que xa que imos a pola confesionalidade do Estado, fagámolo ben. En cada nomeamento deberá haber os símbolos de cada relixión: qrán, torá, biblia, crucifixo, etc, etc, etc. Se non os hai, sempre poderemos queixarnos.

En Madrid, ao goberno autonómico, comandado pola todopoderosa lideresa, ocorréuselle incluír á Igrexa nos Comités éticos, cando a resposta dun cura ante cuestións como o aborto, pódese resumir cunha gravadora e un cassette. Unha decisión que volve pór na mesa o mesmo de sempre que pinta a relixión nestes fregados? Está claro, nada; aínda que algúns se empeñen en negalo.

Vendida en: Kaos en la Red 29/4/2008

Circos

Uns días atrás apareceu a noticia dunha familia que estaba a ser esclavizada nun circo italiano. Por cen euros á semana, as pequenas da familia tiñan que introducirse nun estanque con pirañas, co risco que iso conlevaba. A escravitude humana é un acto deleznable e debe ser erradicada na súa totalidade.

Uns días atrás apareceu a noticia dunha familia que estaba a ser esclavizada nun circo italiano. Por cen euros á semana, as pequenas da familia tiñan que introducirse nun estanque con pirañas, co risco que iso conlevaba. A escravitude humana é un acto deleznable e debe ser erradicada na súa totalidade.

Máis, todavía existe unha escravitude legal no mundo: a escravitude á que son sometidos miles de animais cada ano nos circos. Os grandes olvidados…

Os animais son maltratados, vexados e humillados para o divertimento dos seus asistentes. Mentras ti gozas dunha función na que un elefante camiña con só dúas patas, o elefante sufriu moreas de paos, sufrimento e medo para que todo saia ben. Nin falla falar das gaiolas que os transportan e nas que pasan a maioría da súa triste existencia.

Unha existencia que posiblemente comezou coa súa captura nunha remota rexión.

Debemos recapacitar se un circo con animais é unha actividade divertida á que acudir nun fin de semana, ou se realmente nos decatamos do sufrimento dos animais que alí permanecen.

O circo tradicional era aquel que non empreñaba animais, onde os malabaristas, títeres e paiasos divertían os maiores e os pequenos da familia. O reclamo do animal nun circo debe servir para que non acudamos. Por iso, pidamos un circo sen animais. No século XXI hai que eliminar calqueira tipo de maltrato animal, sexa circense ou non.

Vendida en:

La Voz de Galicia (Edición dixital i escrita)

Galiza Indymedia

Kaos en la Red