A botica da expresión Rotating Header Image

Maio 5th, 2008:

Falar pode matar

Exercer como periodista ou reporteiro gráfico estase a converter, día a día, nunha profesión cun maior risco. Non pola diferencia ideolóxica, senón pola represión que sufre a liberdade de información no mundo. Máis, non hai que andar moi lonxe para comprobar esta crítica situación.

Reporters sans Frontières ou traducido Reporteiros sen Fronteiras publicou o 3 de Maio unha investigación sobre a violencia cara os periodistas, en varios estados da Unión Europea.

O informe é moi esclarecedor, e ven a compaxinarse coas persoas que xa denunciaban as tropelías contra a liberdade de expresión e de información. Todos recordamos o brutal asasinato do cámara Jose Couso, do que xa se cumpliron 5 anos da súa morte.

Sen embargo, moitos reporteiros seguen no olvido “público”, ¡que contradicción!; unha profesión que se basea en suministrarnos noticias e información, e as deceas de situacións nas que se ven implicados que nunca saen á luz. Este podería ser o caso de Brad Will, asesinado en Oaxaca no 2006. Asasinado por informar, e asasinado por dar voz os máis desfavorecidos durante a revolta que ocorreu no mesmo lugar en dito ano.

Moita xente pensaba que a brutalidade contra a prensa sempre ocorría en África, Asía ou mesmo América Latina, pero a realidade é ben distinta. Non hai que percorrer moito camiño e obter penosos exemplos.

Ser periodista en Italia, e mergullarte en determinados asuntos, pode provocarte máis dun problema coa camorra; o mesmo pode ocorrer en Irlanda do Norte, con algún grupo paramilitar adicado o comercio de estupefacientes. Falar pode supoñer un asasinato.

Pero o caso que máis me abraia é o caso de Rusia. A miña posición con respeto a este Estado é que estamos ante unha nova ditadura; unha ditadura onde Vladimir Putin esgota o seu mandato acumulando máis poder, unha ditadura onde falar de máis incomoda os antigos axentes do KGB… Se falas de Chechenia, podes temer pola túa vida, se falas dos problemas do país, idem, se falas dos membros do Kremlin, máis do mesmo.

As ameazas, intimidacións seguen a ocorrer día a día; mentras o mundo non se detén, non interesa.

Vendida en:

Kaos en la Red 5/5/2008

La Voz de Galicia 5/5/2008 (Edición Dixital)

Galiza Indymedia 6/5/2008