A falacia da liberdade de expresión, e da liberdade de asociación; e o que poderíamos denominar a liberdade de afiliación política cada día aguanta na picota a que alguén por fin lle corte a cabeza.
Mentras lía unha noticia sobre o día do traballo e as diferentes manifestacións que os sindicatos convocaron, sorprendinme ó ler que os demócratas de Nación y Revolución fixeran unha manifestación e aínda por riba, dita manifestación fora autorizada.
O seu lema: "Por los derechos de los trabajadores españoles" non debería alarmar a poboación nen tan sequera a Delegación do Goberno de Madrid, autorizante do acto.
Sen embargo, hoxe en día vemos como a criminalización das ideas no seu sentido máis purista acaba coa esquerda abertzale en Euskal Herria, no que asemella un ataque contra a democracia.
Se facemos a comparación, non entendo porque consignas como "menos inmigración es más seguridad ciudadana" conseguen unha autorización para marchar polas rúas de Madrid, o de calquera cidade española e mesmo galega. Polos meus estudos teño que traballar moito o tema da inmigración, e coma persoa medianamente civilizada tamén me gusta ler sobre o tema.
Se xa está comprobado mil e una veces que a inmigración é un dos pilares do noso sistema de Seguridade Social, este tipo de saídas vogais dun fato de persoas racistas non debería saír dos seus fogares.
O máis deleznable é que os partidos da ultradereita continúan a estar legalizados, son como calqueira partido máis. Unha democracia que permite a ilegalización duns partidos políticos e organizacións sociais, e non contempla a investigación nen ilegalización de entidades que promoven o odio e a intolerancia non se chama democracia; quizáis cuasi-democracia é un bo termo.
O fascismo non pode ter cabida nun sistema democrático nen voz na sociedade.
Vendida en:
chúzame -
Entries (RSS)