A botica da expresión Rotating Header Image

Maio 12th, 2008:

Por un Día de las Letras Gallegas en español

Non queda mal ¿non? Había que facelo 🙂

¿Por que Dereitos para os animais?

A petición dunha serie de dereitos para os animais é relativamente nova; poderiamos retroceder como moito trinta anos para ver as primeiras manifestacións serias da inclusión dos animais nun corpo lexislativo.

Dende posicións inmovilistas, como poderiamos considerar a algunha parte da sociedade, pretendeuse menosprezar e ata mofarse desta petición.

Por iso, convén facer algunhas matizacións, para que se poida comprobar como os Dereitos para os animais non son nada desatinados, tal e como se consideraba antes á consecución de dereitos para os escravos e para as mulleres.

A comparación entre a falta de dereitos segundo a poboación obxectivo: sexismo, escravismo i especismo, no ámbito dos animais non humanos, non é ningún ataque ou vexación cara aos seres humanos ¿por que? porque para comezar todos somos animais, todos somos seres vivos, e non hai ningunha razón para que a especie humana explote, ataque e mate ao resto de especies animais.

O especismo é un termo que aduce á discriminación dunha especie polo mero feito de non pertencer á mesma especie desde a que se realiza esa discriminación. Por exemplo: considerar ao porco só como un potencial alimento.

Pero isto non é novo; en 1977 aprobouse unha declaración na que Nacións Unidas ratificaba “en teoría” unha serie de dereitos para os animais non humanos. Por suposto esta declaración non ten un efecto vinculante, e como é máis que evidente, ningún goberno fíxolle caso.

Volvendo á petición; esta non busca a consecución do que aos humanos serían os dereitos civís. Non se pretende que o león teña dereito á educación, nin que a avestruz poida acceder á sanidade pública.

A termoloxía adecuada serían os Dereitos Humanos, unha adaptación ao mundo animal. Que un can teña maior protección xurídica, que evite que un enfermo asasíneo e a posteriori só reciba unha pena económica, como pasou en innumerables ocasións en España.

Os Dereitos para os Animais son factibles, e na actualidade diversos Estados avanzaron na súa consecución. A nova constitución alemá incluirá aos animais e os seus dereitos, en Suíza será obrigatorio realizar un curso para poder albergar a un can ou un gato en casa…

Son pequenos avances que desgraciadamente ven minados unha e outra vez por colectivos que só aspirar a perpetuar unha situación de negación de dereitos. España non é unha excepción; revisando as diferentes lexislacións autonómicas sobre os animais, hai casos terribles, de leis antigas, cuxos artigos parecen sacados da época decimonónica e que en absoluto se adecuan á sociedade actual.

Vendida en:

Galiza Indymedia 12/5/2008