A botica da expresión Rotating Header Image

Maio 14th, 2008:

Porque non respetarei á Igrexa Católica

Co gallo da futura lei de Liberdade Relixiosa, a Igrexa Católica volve á carga acusando a todo “dios” da súa perda de crentes, e tamén de forma intrínseca da súa posible perda de poder.

Está claro que a nova Lei de Liberdade Relixiosa ten que subsanar o erro de continuar respaldando os acordos coa Santa Sé dende 1979, entrando en grave contradición coa Constitución e a laicidade que se promove dende o texto fundamental. O problema é que esta nova Lei, acabe só en boas palabras e unha permisiva lexislación, o que só perpetuaría o poder do Catolicismo en España en tódolos ámbitos da sociedade.

E seguindo os 10 mandamentos para un Estado Laico, do diario Público, propugno a falta de respeto cara a Igrexa Católica, porque tanto os ateos, como os crentes doutras confesións non somos peores, nin temos porque aturalos:

1. No ámbito educativo.
-Non quero pagar os soldos dos profesores de Relixión.
-Non quero que subvencionen co meu diñeiro centros educativos relixiosos.
-Fora a asinatura Relixión do currículo escolar e das aulas públicas e concertadas.

2. No ámbito civil.
-Non quero símbolos relixiosos en espazos públicos.
-Non ós símbolos nos actos públicos.
-Non a relixión e as súas manifestacións en medios de comunicación públicos.
-Non os impedimentos para apostatar.

3. No ámbito económico.
-Non quero que o Estado subvencione á Igrexa Católica co IRPF.
-Non as subvencións para restaurar patrimonio privado da Igrexia Católica, se é deles, que o paguen eles.

Dito isto, faltarei o respeto ante calqueira abuso da Igrexa Católica como ven facendo ata agora, non quero máis Igrexa e non quero ter que aturalos sempre a costa do meu diñeiro.

Vendida:

Kaos en la Red 14/5/2008

Galiza Indymedia 14/5/2008