A botica da expresión Rotating Header Image

Maio 15th, 2008:

Euskal Pilota

Hoxe por fin descubrín Euskal Pilota, un filme de Julio Medem sobre o conflito en Euskadi, contado por personaxes dos 3 lados, dun, doutro e do medio…

Xa facía tempo que tiña ganas de vela, pero por falta de tempo e tamén por olvido, non me fora posible ata agora; xa vola deixo colgada no blogue, vía Google Video, para que a disfrutedes.

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=-4987286217771879449" width="400" height="326" wmode="transparent" /]

A min aportoume un punto de vista máis completo do conflito que sucede en Euskadi, máis continúo co meu pensamento. Polo que sei, o Partido Popular non quixo participar no filme, ningún membro seu toma partido neste documental, o que pode, para algúns aportar unha visión sesgada da realidade, pero o resultado final queda ben.