A botica da expresión Rotating Header Image

Maio 16th, 2008:

Non haberá tregua

Onte, activistas da organización Igualdad Animal despregaron dúas pancartas na porta grande da praza das ventas en Madrid.

Con esta acción xa se sabe cara onde imos os activistas pro-dereitos dos animais, cara o epicentro da maldade taurina, cara as prazas. Son accións pacíficas, que se ven empeñadas polas agresións que sufrimos e polas vexacións e insultos que recibimos dunha maioritaria parte do mundo taurino.

Hai semanas, activistas de Equanimal saltaron á praza das Ventas… E pouco antes, outra vez Igualdad Animal colocou unha pancarta nun toro de Osborne

Pero non hai nen haberá tregua; a tauromaquia ten os días contados, e en Galicia xa se está a preparar o xerme do movemento antitaurino activo. En poucos días saberedes do que falo, porque en poucos días comezará a presión.


IMAXE DA ACCIÓN DE ONTE

A minha lingua quero na túa boca

Tiña que copialo e pegalo, pois xa me chegou cartaz dende O Bierzo, moitas grazas Igor.

A minha língua quero na tua boca
e nos teus lábios nos teus peitos
E no país inteiro do teu sexo
falar com o idioma que nos pertence
Procurar a humidade com a língua que nos une
para dar-lhe nome ao teu corpo
e repetir em cada rio em cada bosque
em cada outeiro da tua geografia
a promessa de quem ama sem palavras
Com o silêncio das estrelas, tam longínquo e singelo