A botica da expresión Rotating Header Image

Maio 23rd, 2008:

LIBERA! no concerto de Manu Chao na Coruña

Hoxe 23 de Maio, activistas de LIBERA! acudirán ó concerto de Manu Chao na Coruña, para recoller sinaturas da campaña “Galicia, mellor sen touradas” antes do espectáculo.
HORA: 23 de Mayo, A Coruña (apróx.) 21:30 – 22:00.

Ética, respeto e animais

Os seres humanos temos unha consideración un tanto especial polos animais, en xeral, moita xente se declara “amante” dos animais, di que lle gustan moito, e que ten un can, un gato na casa o que quere moito.

Ata aquí non habería problema, pois temos un conxunto da poboación que ten un animal ó que cuida, trata ben e lle da cariño. Sen embargo, a realidade é ben distinta, pois o concepto “amante” dos animais que a xente ten dista moito dun verdadeiro amante dos animais, mellor dito, dun completo amante dos animais.

Con isto refírome a que moitas das persoas que se declaran amantes dos animais, intrínsecamente contribúen á explotación dos seres vivos que ocupan o planeta. Dende a alimentación, onde consumen carne e peixe, ata os animais para compañía, que son adquiridos en tendas que están a lucrase con seres vivos, ós que traen dende países do Este en míseras furgonetas, e polos que se paga sesenta euros, máis ou menos. Isto non é ser un amante dos animais.

Pola contra, outras persoas optan por un modo de alimentación máis saudable e máis ético, o veganismo; o cal non provoca a explotación de ningún ser vivo, nin roupa, nin comida, nin comercio, nin nada que implique algo de dor a un animal.

Máis, o veganismo non é unha forma de vivir maioritaria, e a xente “amante” dos animais, pero consumidora deles, segue sendo maioría aplastante.

Hai moitos e moi variados casos, xa saíndo do veganismo, de xente que acude ás touradas e é soci@ dunha protectora de animais, ¡coñezo os casos¡ ¿isto non é unha falta de respeto, unha falta de ética tremenda?

O respeto polos animais non só abrangue a determinadas especies como cans e gatos, ou mesmo huróns, “tan de moda” nos últimos tempos. O respeto polos animais abrangue a tódolos animais, absolutamente todos, dende un ratiño, ata unha vaca. Ninguén ten o dereito supremo para explotar e matar animais, por diversión, alimentación ou vestimenta. Non é ético.

¿Por qué non probas a mudar cara o vexetarianismo? Cada persoa vexetariana “salva” deceas de animais ó ano. No pasado ano 2007, España “consumiu” 824 millóns de animais, unha cifra noxenta…

Vendida en:

Galiza Indymedia 23/5/2008