A botica da expresión Rotating Header Image

Maio 25th, 2008:

Debuxos contra o maltrato de animais

Miguel Bonales é un coñecido debuxante español, colabora entre outros traballos, en Cálico Electrónico, e tamén adícase o seu cómic na rede: POLO SUR.

Hai uns meses tiven a oportunidade de falar con él a través do correo electrónico, e propúxelle facer un debuxo contra o maltrato e abandono de animais coas personaxes do seu cómic. En España, cada ano abandónanse entre 250.000 e 500.000 animais. Unha cifra escandalosa.

Mentras tanto, continúanse a vender milleiros de animais, nun negocio ruín e moi rastreiro que só busca o lucro coa venda de seres vivos.

Agradaríame moito que un debuxante galego fixera algo similar cunha temática distinta, e non tardarei en propoñelo 😉

Volvendo a Miguel, este foi o resultado:

Cando a tradición convértese nunha tortura

Non é estrano que España sexa un dos Estados con maior número de festexos “tradicionais” onde se empregan animais.

Miles de animais son explotados cada ano para as festas de moitos municipios. Cada ano, miles de animais sufren a imbecilidade humana, e a falta de orixinalidade á hora de organizar unha actividade lúdica. No século XXI e aínda hai lugares onde o divertido é prenderlle fogo ós cornos dun touro, ou matalo a lanzadas.

Non só iso: arrincarlle a cabeza a unha oca, tirar un pavo dun campanario, ou a variante coa cabra… Sen embargo, se o implicado é un can ou un gato, a conciencia muda de súpeto ¿vaia hipocresía verdade?

Unha mostra destas barbaries é o Touro lanceado de Tordesillas: