A botica da expresión Rotating Header Image

Maio 27th, 2008:

Respeto


Hai uns días, unha muller foi multada por dar alimento a uns gatos vagabundos no Dique de Abrigo; unha multa que recolle unha Ordeanza Municipal, pero que sen embargo, non quere decir que sexa xusta.

A política da maioría dos concellos no tema de benestar e protección animal baséase no exterminio de todo animal que viva na rúa. E por ende, a proliferación de ordeanzas que pretenden o exterminio indirecto, por mor da non alimentación.

Pero o problema non só e este. A falta de respeto cara os animais é aínda peor. O pasado martes tiven a oportunidade ou desgracia de presenciar como unha empregada dunha Estación de Servicio do centro da Coruña, expulsaba un gatiño duns 20 días da propia estación; unha expulsión coas patadas como armas. ¿Qué lle fixo o pequeno animal?

Senón fora porque nos decatamos, o gatiño probablemente falecería no motor do vehículo onde se meteu. E tras moitas horas de espera, por fin démolo rescatado, coa atenta mirada da inquisidora da gasoliñeira.

Pero aínda hai máis historias reais: nun garaxe preto da rúa Falperra, o vixiante envelena os gatos, nas colonias felinas da cidade non é a primeira vez que aparecen gatos mortos. Tampouco é estrano ver animais abandoados polas nosas rúas, ou mesmo animais moribundos nas nosas estradas sen que ninguén deteña o automóbil para socorrelos.

A Coruña poderá presumir da Torre de Hércules; pero no respeto e protección dos animais leva un cero.

Vendida en:

La Voz de Galicia 28/5/2008