A botica da expresión Rotating Header Image

Maio, 2008:

Os animais non son paiasos

A campaña “Animals are not clowns” impulsada polas organizacións portuguesas Accâo Animal e Liga Pelos Direitos dos Animais xa conta co apoio dunha organización española, a Asociación Animalista LIBERA!, quen se encargará da difusión desta orixinal e impactante campaña en Galicia e Cataluña.

Esta campaña procura a concienciación e sensibilización sobre a inutilidade dos circos con animais, e a explotación que supón esta actividade cara os animais non humanos, onde son sometidos a torturas e vexacións para que o público poda “gozar” do espectáculo.

Vendida en:

Galiza Indymedia 30/5/2008

Respeto


Hai uns días, unha muller foi multada por dar alimento a uns gatos vagabundos no Dique de Abrigo; unha multa que recolle unha Ordeanza Municipal, pero que sen embargo, non quere decir que sexa xusta.

A política da maioría dos concellos no tema de benestar e protección animal baséase no exterminio de todo animal que viva na rúa. E por ende, a proliferación de ordeanzas que pretenden o exterminio indirecto, por mor da non alimentación.

Pero o problema non só e este. A falta de respeto cara os animais é aínda peor. O pasado martes tiven a oportunidade ou desgracia de presenciar como unha empregada dunha Estación de Servicio do centro da Coruña, expulsaba un gatiño duns 20 días da propia estación; unha expulsión coas patadas como armas. ¿Qué lle fixo o pequeno animal?

Senón fora porque nos decatamos, o gatiño probablemente falecería no motor do vehículo onde se meteu. E tras moitas horas de espera, por fin démolo rescatado, coa atenta mirada da inquisidora da gasoliñeira.

Pero aínda hai máis historias reais: nun garaxe preto da rúa Falperra, o vixiante envelena os gatos, nas colonias felinas da cidade non é a primeira vez que aparecen gatos mortos. Tampouco é estrano ver animais abandoados polas nosas rúas, ou mesmo animais moribundos nas nosas estradas sen que ninguén deteña o automóbil para socorrelos.

A Coruña poderá presumir da Torre de Hércules; pero no respeto e protección dos animais leva un cero.

Vendida en:

La Voz de Galicia 28/5/2008

Debuxos contra o maltrato de animais

Miguel Bonales é un coñecido debuxante español, colabora entre outros traballos, en Cálico Electrónico, e tamén adícase o seu cómic na rede: POLO SUR.

Hai uns meses tiven a oportunidade de falar con él a través do correo electrónico, e propúxelle facer un debuxo contra o maltrato e abandono de animais coas personaxes do seu cómic. En España, cada ano abandónanse entre 250.000 e 500.000 animais. Unha cifra escandalosa.

Mentras tanto, continúanse a vender milleiros de animais, nun negocio ruín e moi rastreiro que só busca o lucro coa venda de seres vivos.

Agradaríame moito que un debuxante galego fixera algo similar cunha temática distinta, e non tardarei en propoñelo 😉

Volvendo a Miguel, este foi o resultado: