Archive for xuño, 2008

O pasado 21 de Maio, 10 activistas pro-dereitos dos animais foron arrestados nunha desmedida operación das forzas de seguridade e equipos antiterroristas da policía austriaca.

Os 10 detidos permanecen case incomunicados, e baixo a aplicación da lexislación antiterrorista do estado austriaco.

Aminstía Internacional denunciou o trato recibido polos detidos, e o menoscabo ós dereitos destas persoas por parte do goberno e da policía austriaca.

Dende a Botica da Expresión, a miña solidaridade cos detidos, que curiosamente aínda non se lles presentaron as probas das acusacións feitas pola policía.

Chuzame! chuzame -

Organizacións extremistas, vinculadas á Igrexa católica, á ultradereita "política", e demais seitas legais; continúan coa súa ofensiva antiabortiva, e pretenden acabar co aborto en España.

Xa en 2001, ninguén se sorprendeu cando varias organizacións estadounidenses contrarias ao aborto, e a favor do que el@s denominan "dereito á vida", sacaron á palestra unha das maiores sandeces da historia da mediciña: o aborto inducido podía producir cancro de mama.

Nun intento de atemorizar a todas as mulleres que podían decidir se abortar ou non, estes grupos dedicaron case todo o ano a lanzar esta falsa premisa. Por suposto, a comunidade científica mundial evidenciou que isto era falso, e que nin tan sequera existía vínculo algún entre esta tipoloxía de cancro e o aborto.

Co paso do tempo, e chegando a 2008, os grupos antiabortistas seguen predicando no deserto, falando en boca dos demais, e manipulando imaxes e todo tipo de material informativo. O lobby antiabortista, encabezado pola Conferencia Episcopal, a mesma que rexeita os profilácticos para evitar a SIDA, o Partido Popular, o mesmo que ningunea os dereitos laborais do persoal de Telemadrid; e varios partidos ultradereitistas, os mesmos que negan dereitos aos inmigrantes, non dubidan en alzar a voz contra toda muller que exerce o seu libre dereito de abortar.

AES, ou Alternativa Española, un partido moi rancio, chegaba a propor no seu programa electoral, a creación de centros para atender aos pequenos sobreviventes (como eles chaman) dos abortos. Unha indecencia criminal.

Pero a indecencia continúa. Se botamos unha ollada a algunha páxina web como Aciprensa, podemos contemplar arrepiados como se fai demagoxia coas persoas que sofren algún tipo de discapacidade. A euxenesia, como a súa definición indica, constiste no aborto dun futuro ser que podería ter graves problemas para desenvolver a súa vida diaria.

Isto non implica que o futuro ser xa senta, pois se demostrou, que é un ser que aínda non ten conciencia nin sente, e polo tanto é imposible consideralo un ser humano.

A nivel legal, sabemos que un recentemente nacido non adquire dereitos ata pasadas 24 horas do seu nacemento, co cal o parto tampouco implica que o nado sexa unha persoa recoñecida legalmente.

A demagoxia continúa: se banaliza o termo "homicidio" e considérase asasinos a todos os médicos que practican abortos. Isto pódese comprobar case a diario en certos programas da cadea de radio da Conferencia Episcopal (COPE), onde algúns ?tertulianos? falan sen andrómenas de asasinatos.

O certo é que o aborto aínda segue estando moi pouco regulado en España, e necesita unha lei moderna que permita crear unha serie de prazos equivalentes aos que ocorren noutros estados, como Holanda, quen nos levan moitos anos de vantaxe en leis e dereitos...

Vendida en:

Kaos en la Red 27/6/2008

Galiza Indymedia 27/6/2008

Chuzame! chuzame -

Os nosos amigos de ANIMAL teñen organizadas 4 manifestacións, unha por cada tourada que terá lugar na praza de touros de Campo Pequeno, na cidade de Lisboa.

Chuzame! chuzame -

Normalmente, a represión policial maniféstase contra os calificados grupos de antisistema, o movemento okupa, e mesmo entidades legalmente constituídas pero que desenvolven traballos que incomodan ó poder.

Pero, mesmo co movemento pro-dereitos dos animais, no cal estou incluído, a situación empeorou moito.

Nas últimas semanas, chegaron os nosos correos, unha mensaxe desalentadora: 10 activistas austríacos foran detidos acusados de supostos actos terroristas. Concretamente, foron acusados de tódolos actos ilegais que se cometeran en granxas, empresas relacionadas coa explotación animal, etc.

Dez persoas que loitaban e continúan a loitar polos dereitos dos animais, dez persoas gracias as cales, e gracias a moitas outras, logrouse que en Austria se prohibira a venda de coellos en gaiolas, a venda de ovos provintes de galiñas engaioladas, e que nos vindeiros días lograrían a inclusión dos dereitos dos animais na futura Constitución Austríaca.

Pero isto só é un pesadelo, cando se comeza coa criminalización dun movemento incómodo, e cando os conglomerados empresariais comezan a denunciar a todo o mundo que non se axuste o seu modelo de explotación e consumo animal...

Polo pronto, Amnistía Internacional xa denunciou a situación, e co gallo da Eurocopa, parece que non pasa absolutamente nada en Europa...

Dende este modesto blogue, o meu apoio os detidos. 

Chuzame! chuzame -