A botica da expresión Rotating Header Image

Xuño 6th, 2008:

Oferta de emprego

Velaquí unha posible oferta de emprego moi interesante

Vendida en:

Galiza Indymedia 6/6/2008

Dicionario para bilingües

Bilingüe: segundo a RAE

1. adx. Que fala dúas línguas.

2. adx. Escrito en dous idiomas.

Bilingüísmo: segundo a Wikipedia

O Bilingüísmo segundo varios autores:

  • Segundo Bloomfield: o falante bilingüe é aquel que ten un control nativo de dous ou máis línguas.
  • Segundo Macnamara: polo contrario, considera bilingüe a calqueira que sexa capaz de desenvolver algunha competencia (falar, ler, entender, escribir) dunha segunda língua.
  • Segundo Mackey: nunha postura intermedia, define o bilingüismo como o uso alternante de dous ou máis línguas por parte do mesmo individuo.

Diglosia: segundo Wikipedia

Cando hai dous (o máis) idiomas nunha rexión e un deles é máis prestixioso co outro.

Mentira: segundo a RAE

Expresión ou manifestación contraria ó que se sabe, cree ou pensa.

Imposición: segundo a RAE

Esixencia desmedida coa que se trata de obligar a alguén.

Normalización: segundo a RAE

1. Regularizar ou poñer en orde o que no o estaba.

2. Facer que algo se estabilice na normalidade.

Como se pode comprobar, todas as definicións deste minúsculo dicionario para bilingües estraxéronse do dicionario da RAE (Real Academia Española) e da Wikipedia. O único inconveniente sería que algúns consideraran a Wikipedia como unha fonte non fiable, sen embargo, e a enciclopedia colaborativa máis visitada da rede.

Vendida en:

Galiza Indymedia 6/6/2008