A botica da expresión Rotating Header Image

Xuño 14th, 2008:

A España primitiva

A relación dunha parte dos españoliños cos animais é unha relación primitiva e horrible. Aínda na actualidade, seguen a aparecer casos de malos tratos e asasinatos de animais, das peores formas que poidamos imaxinar. Isto fai de España, un lugar pouco propicio para os animais.

Estas verbas serven para honrar e facer unha homenaxe a tódolos aqueles animais asasinados por homes e mulleres que non entenden o que é o respeto, e que non dispoñen dun sistema cerebral adecuado. Estas verbas son para Regina, Jack, e deceas de cans, gatos e outras especies que nunca coñeceremos, e que sempre manteranse anónimas; mortas nun contenedor, arroxadas a unha estrada, vítimas do odio humano.

A protección ós animais non ocupa un lugar moi sustancial no apartado lexislativo español, de feito, a lexislación relativa ós animais non humanos en algúns lugares é moi escasa e case hilarante. Só hai que repasar a Lei de Protección Animal galega, que data de 1993, e aínda contempla as multas en pesetas…

Ademáis, noutros estados europeos, o avance destes dereitos é un soño para as persoas que nos adicamos á defensa dos dereitos dos animais. Suiza e Alemaña destacan na protección animal, o primeiro estado obriga ás persoas a superar un curso antes de poder ter un animaliño. O segundo, incluirá na nova Constitución un apartado para os animais e a súa protección.

Sen embargo, en España segue sendo moi sinxelo abandoar ou matar a un animal. Como moito custarache uns euros, e algún mes de prisión. Pero nada máis; e iso se tes mala sorte e te collen, porque do contrario, non pasaría absolutamente nada.

Se esta situación continúa, pouco teremos que festexar en España, e pouco poderemos exportar a imaxe do noso país. Un dos poucos do mundo, onde maltratar e matar seres vivos sae case gratis.

Vendida en:

Kaos en la Red 15/6/2008

La Voz de Galicia 16/6/2008 (Dixital)