Normalmente, a represión policial maniféstase contra os calificados grupos de antisistema, o movemento okupa, e mesmo entidades legalmente constituídas pero que desenvolven traballos que incomodan ó poder.

Pero, mesmo co movemento pro-dereitos dos animais, no cal estou incluído, a situación empeorou moito.

Nas últimas semanas, chegaron os nosos correos, unha mensaxe desalentadora: 10 activistas austríacos foran detidos acusados de supostos actos terroristas. Concretamente, foron acusados de tódolos actos ilegais que se cometeran en granxas, empresas relacionadas coa explotación animal, etc.

Dez persoas que loitaban e continúan a loitar polos dereitos dos animais, dez persoas gracias as cales, e gracias a moitas outras, logrouse que en Austria se prohibira a venda de coellos en gaiolas, a venda de ovos provintes de galiñas engaioladas, e que nos vindeiros días lograrían a inclusión dos dereitos dos animais na futura Constitución Austríaca.

Pero isto só é un pesadelo, cando se comeza coa criminalización dun movemento incómodo, e cando os conglomerados empresariais comezan a denunciar a todo o mundo que non se axuste o seu modelo de explotación e consumo animal...

Polo pronto, Amnistía Internacional xa denunciou a situación, e co gallo da Eurocopa, parece que non pasa absolutamente nada en Europa...

Dende este modesto blogue, o meu apoio os detidos. 

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word