Organizacións extremistas, vinculadas á Igrexa católica, á ultradereita «política», e demais seitas legais; continúan coa súa ofensiva antiabortiva, e pretenden acabar co aborto en España.
Xa en 2001, ninguén se sorprendeu cando varias organizacións estadounidenses contrarias ao aborto, e a favor do que el@s denominan «dereito á vida», sacaron á palestra unha das maiores sandeces da historia da mediciña: o aborto inducido podía producir cancro de mama.
Nun intento de atemorizar a todas as mulleres que podían decidir se abortar ou non, estes grupos dedicaron case todo o ano a lanzar esta falsa premisa. Por suposto, a comunidade científica mundial evidenciou que isto era falso, e que nin tan sequera existía vínculo algún entre esta tipoloxía de cancro e o aborto.
Co paso do tempo, e chegando a 2008, os grupos antiabortistas seguen predicando no deserto, falando en boca dos demais, e manipulando imaxes e todo tipo de material informativo. O lobby antiabortista, encabezado pola Conferencia Episcopal, a mesma que rexeita os profilácticos para evitar a SIDA, o Partido Popular, o mesmo que ningunea os dereitos laborais do persoal de Telemadrid; e varios partidos ultradereitistas, os mesmos que negan dereitos aos inmigrantes, non dubidan en alzar a voz contra toda muller que exerce o seu libre dereito de abortar.
AES, ou Alternativa Española, un partido moi rancio, chegaba a propor no seu programa electoral, a creación de centros para atender aos pequenos sobreviventes (como eles chaman) dos abortos. Unha indecencia criminal.
Pero a indecencia continúa. Se botamos unha ollada a algunha páxina web como Aciprensa, podemos contemplar arrepiados como se fai demagoxia coas persoas que sofren algún tipo de discapacidade. A euxenesia, como a súa definición indica, constiste no aborto dun futuro ser que podería ter graves problemas para desenvolver a súa vida diaria.
Isto non implica que o futuro ser xa senta, pois se demostrou, que é un ser que aínda non ten conciencia nin sente, e polo tanto é imposible consideralo un ser humano.
A nivel legal, sabemos que un recentemente nacido non adquire dereitos ata pasadas 24 horas do seu nacemento, co cal o parto tampouco implica que o nado sexa unha persoa recoñecida legalmente.
A demagoxia continúa: se banaliza o termo «homicidio» e considérase asasinos a todos os médicos que practican abortos. Isto pódese comprobar case a diario en certos programas da cadea de radio da Conferencia Episcopal (COPE), onde algúns ?tertulianos? falan sen andrómenas de asasinatos.
O certo é que o aborto aínda segue estando moi pouco regulado en España, e necesita unha lei moderna que permita crear unha serie de prazos equivalentes aos que ocorren noutros estados, como Holanda, quen nos levan moitos anos de vantaxe en leis e dereitos…
Vendida en:




