Organizacións extremistas, vinculadas á Igrexa católica, á ultradereita "política", e demais seitas legais; continúan coa súa ofensiva antiabortiva, e pretenden acabar co aborto en España.

Xa en 2001, ninguén se sorprendeu cando varias organizacións estadounidenses contrarias ao aborto, e a favor do que el@s denominan "dereito á vida", sacaron á palestra unha das maiores sandeces da historia da mediciña: o aborto inducido podía producir cancro de mama.

Nun intento de atemorizar a todas as mulleres que podían decidir se abortar ou non, estes grupos dedicaron case todo o ano a lanzar esta falsa premisa. Por suposto, a comunidade científica mundial evidenciou que isto era falso, e que nin tan sequera existía vínculo algún entre esta tipoloxía de cancro e o aborto.

Co paso do tempo, e chegando a 2008, os grupos antiabortistas seguen predicando no deserto, falando en boca dos demais, e manipulando imaxes e todo tipo de material informativo. O lobby antiabortista, encabezado pola Conferencia Episcopal, a mesma que rexeita os profilácticos para evitar a SIDA, o Partido Popular, o mesmo que ningunea os dereitos laborais do persoal de Telemadrid; e varios partidos ultradereitistas, os mesmos que negan dereitos aos inmigrantes, non dubidan en alzar a voz contra toda muller que exerce o seu libre dereito de abortar.

AES, ou Alternativa Española, un partido moi rancio, chegaba a propor no seu programa electoral, a creación de centros para atender aos pequenos sobreviventes (como eles chaman) dos abortos. Unha indecencia criminal.

Pero a indecencia continúa. Se botamos unha ollada a algunha páxina web como Aciprensa, podemos contemplar arrepiados como se fai demagoxia coas persoas que sofren algún tipo de discapacidade. A euxenesia, como a súa definición indica, constiste no aborto dun futuro ser que podería ter graves problemas para desenvolver a súa vida diaria.

Isto non implica que o futuro ser xa senta, pois se demostrou, que é un ser que aínda non ten conciencia nin sente, e polo tanto é imposible consideralo un ser humano.

A nivel legal, sabemos que un recentemente nacido non adquire dereitos ata pasadas 24 horas do seu nacemento, co cal o parto tampouco implica que o nado sexa unha persoa recoñecida legalmente.

A demagoxia continúa: se banaliza o termo "homicidio" e considérase asasinos a todos os médicos que practican abortos. Isto pódese comprobar case a diario en certos programas da cadea de radio da Conferencia Episcopal (COPE), onde algúns ?tertulianos? falan sen andrómenas de asasinatos.

O certo é que o aborto aínda segue estando moi pouco regulado en España, e necesita unha lei moderna que permita crear unha serie de prazos equivalentes aos que ocorren noutros estados, como Holanda, quen nos levan moitos anos de vantaxe en leis e dereitos...

Vendida en:

Kaos en la Red 27/6/2008

Galiza Indymedia 27/6/2008

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word