Levo uns días que non podo co corpo, e por fin onte, xa pechamos o primeiro seminario contra as touradas que se levará a cabo en Galicia.

O Club Internacional de Prensa de Santiago de Compostela é o lugar escollido para a celebración dun seminario que contará coa presenza de xente experta no activismo polos dereitos dos animais, e con entrada aberta e gratuíta para todo o que queira asistir.

Temos a gran sorte de que os tres poñentes deste futuro seminario, que dará comezo ás 16:00, do 21 de Xullo, coincidan. Os poñentes son:

Jose Enrique Zaldivar, veterinario, e autor do estudo que demostra o sufrimento do touro. Este estudo podería ser estéril, sen embargo, foi unha resposta a un estudo ou pseudoestudo, mellor dito, que afirmaba que un animal como o touro NON sufría; unha sandez propia dunha persoa subvencionada polo mundo taurino.

Por suposto, o contraestudo de Zaldívar demostra o sufrimento dun animal, que é torturado e acoitelado nun espazo público.

Outro dos poñentes é Óscar Horta, doutor en Filosofía e actualmente profesor de filosofía moral na Universidade de Santiago de Compostela, posiblemente un dos maiores expertos no eido da moral e do respeto polos animais que hai en España, e como non, oriundo de Galicia.

Por último tamén contaremos con Jordi Casatmijana, licenciado en Zooloxía e tamén en Etoloxía, e director de campañas do CAS, unha das organizacións que conforma a plataforma "Galicia, mellor sen touradas". Hai uns días, presentou unha ponencia sobre o comportamento dos touros en Xenebra, que tamén presentará no seminario galego.

E é que a tauromaquia ten os días contados en Galicia; estamos facendo un esforzo moi grande entre LIBERA!, plataforma Stop Our Shame e o CAS, para poder organizar este seminario, non só loxístico, senón tamén económico. A campaña Galicia, mellor sen touradas ten organizadas moitas actividades en todo o territorio galego, e iso reporta moitos gastos e moitisimo traballo...

Ademais, como "colofón" contamos co filme "Animal", un documental antitaurino que estrearemos en varias cidades galegas, nas que xa están confirmadas:

Ferrol, Ateneo Ferrolán, 4 de Xullo ás 19:00

Santiago, Club Internacional de Prensa, 21 de Xullo ás 17:30

Aínda estase a traballar para que noutras cidades podamos achegar á xente este filme de balde.

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word