A botica da expresión Rotating Header Image

Xullo 3rd, 2008:

I Seminario Galego pola Abolición da Tauromaquia (21 de Xullo, Santiago)

Levo uns días que non podo co corpo, e por fin onte, xa pechamos o primeiro seminario contra as touradas que se levará a cabo en Galicia.

O Club Internacional de Prensa de Santiago de Compostela é o lugar escollido para a celebración dun seminario que contará coa presenza de xente experta no activismo polos dereitos dos animais, e con entrada aberta e gratuíta para todo o que queira asistir.

Temos a gran sorte de que os tres poñentes deste futuro seminario, que dará comezo ás 16:00, do 21 de Xullo, coincidan. Os poñentes son:

Jose Enrique Zaldivar, veterinario, e autor do estudo que demostra o sufrimento do touro. Este estudo podería ser estéril, sen embargo, foi unha resposta a un estudo ou pseudoestudo, mellor dito, que afirmaba que un animal como o touro NON sufría; unha sandez propia dunha persoa subvencionada polo mundo taurino.

Por suposto, o contraestudo de Zaldívar demostra o sufrimento dun animal, que é torturado e acoitelado nun espazo público.

Outro dos poñentes é Óscar Horta, doutor en Filosofía e actualmente profesor de filosofía moral na Universidade de Santiago de Compostela, posiblemente un dos maiores expertos no eido da moral e do respeto polos animais que hai en España, e como non, oriundo de Galicia.

Por último tamén contaremos con Jordi Casatmijana, licenciado en Zooloxía e tamén en Etoloxía, e director de campañas do CAS, unha das organizacións que conforma a plataforma “Galicia, mellor sen touradas”. Hai uns días, presentou unha ponencia sobre o comportamento dos touros en Xenebra, que tamén presentará no seminario galego.

E é que a tauromaquia ten os días contados en Galicia; estamos facendo un esforzo moi grande entre LIBERA!, plataforma Stop Our Shame e o CAS, para poder organizar este seminario, non só loxístico, senón tamén económico. A campaña Galicia, mellor sen touradas ten organizadas moitas actividades en todo o territorio galego, e iso reporta moitos gastos e moitisimo traballo…

Ademais, como “colofón” contamos co filme “Animal”, un documental antitaurino que estrearemos en varias cidades galegas, nas que xa están confirmadas:

Ferrol, Ateneo Ferrolán, 4 de Xullo ás 19:00

Santiago, Club Internacional de Prensa, 21 de Xullo ás 17:30

Aínda estase a traballar para que noutras cidades podamos achegar á xente este filme de balde.