Non houbo problema en dicilo, sí, 42€ pagamos todos os contribuíntes para touradas. Unha cifra que pode parecer pequena, insignificante nos tempos que corren; pero que xa se converteu en 500 millóns de Euros nos últimos anos.
Parece de risa que nun momento de crise, as subvencións á tauromaquia española perduren; non só dende os concellos, deputacións; senón tamén dende o goberno central.
Iso non é todo, Europa tamén paga as touradas; os polacos, austríacos, holandeses, británicos, italianos, alemáns e demáis cidadáns europeos, aportan diñeiro as touradas co beneprácito e colaboración da Unión Europea.
En fondos FEDER aínda non sabemos a cantidade exacta; pero en fondos agrícolas a gandeiros xa van 126 millóns de euros; outra cifra escandalosa, para pagar unha actividade que está prohibida en gran parte do continente europeo...

chúzame -
Entries (RSS)