A botica da expresión Rotating Header Image

Xullo, 2008:

Co racismo na casa…

Lendo hoxe La Voz de Galicia, vexo unha das enquisas “curiosas” que fai este medio. A pregunta é: ¿Está de acuerdo con el trato que Berlusconi da al tema de la inmigración?.

Pois de forma alarmante, vai gañando o SÍ, cun 68% de votos. Isto quere dicir que nós, como galeg@s, xa nos olvidamos de que os nosos avós e avoas marcharon a distintos países para gañarse o pan. Esta situación por un lado, e por outra, que pese a que a xente diga o contrario, continúa habendo moita xenofobia en Galicia, e en España.

Eu descoñezo que segmentos da poboación len este xornal, pero non me fiaría moito dunha persoa que aproba un rexistro de inmigrantes e as expulsións de persoas que carecen dun papel mollado para residir no noso país.

Por suposto, colgo unha captura de dita enquisa, para que vexades que non minto.

Tamén aproveito para colgar algúns dos comentarios que aparecen nesta enquisa:

totalmente de acuerdo con las medidas italianas, esto no puede seguir así ó acabaremos muy mal. Y mucho menos acoger a familiares de ningún grado para incrementar el gasto social. Solo se trata de cuestión de supervivencia, no se puede acoger a todo el tercer mundo, ó nos acabaremos hundiendo todos. Esto nada tiene que ver con la anterior inmigración española, por no decir de diferencias religiosas que se van a producir. Tenemos muchos ejemplos: la antigua Yugoslavia, etc.etc.

Y a ver si en España entra alguien con dos cojones para hacer lo mismo.

Esto se esta llenando demasiado.

Yo no digo del cierre total de fronteras, pero si un control muy estricto.

En España esta entrando lo mejorcito de cada casa.

Y en todo los sentidos, tampoco es justo que los inmigrantes tengan mil tipos de ayudas estatales y autonomicas, y para los españoles mil problemas y trabas y al final nada de nada…………………

Isto é unha demostración do racismo e o odio cara un colectivo formado por persoas desesperadas, cuxa única salvación é chegar a un país estrano e tentar refacer a súa vida…

Para ver a imaxe en mellor resolución:

http://img518.imageshack.us/my.php?image=capturalavozmf0.jpg

O gusto pola ignorancia

No programa Voces de Galicia, no cal debateuse acerca da conveniencia de abolir a tauromaquia, Luís Mariñas, presidente da pena taurina da Coruña comezaba a súa intervención desprezando a todas aquelas persoas que, como eu, traballamos para acabar con este espectáculo cruel e innecesario.

Continuou comentando que non conseguiramos nada; quizais lle parecerá pouco que en tan só trinta anos, a afección pola tauromaquia pase de 50% ao 30% en España, e que en Galicia se esborralle ata o 14%.

Estimado Luís, as estatísticas que citamos desde a campaña Galicia, mellor sen touradas son reais, e sustentadas co traballo de Gallup, unha empresa de investigación social con máis de 35 anos de experiencia en España. Así mesmo, os datos económicos susténtanse en documentos oficiais.

Noutro alarde de gusto pola falacia, engadiu que o touro non sufría; algo que só podería ser verdade se este animal herbívoro carecese de sistema nervioso central; é dicir, se retrocedésemos uns cantos centenares de anos na historia da veterinaria e a etoloxía. Realizar tal afirmación sen sustentala con datos reais é como dicir que a terra segue sendo plana.

Na entrevista de hoxe, neste mesmo periódico, se regodea de aprender humanidade cun toureiro. Por que non aprender a respectar aos demais seres vivos? Onde vostede ve humanidade e arte, os demais vemos sangue e sufrimento. Revise a definición de humanidade.

Non nos engane máis; a tauromaquia está no seu ocaso, a tauromaquia en Galicia non vende, e así o estamos demostrando día a día. E desde esta tribuna, tamén.

Vendida en:

La Voz de Galicia (Edición Dixital) 

Kaos en la Red 

Publicidade verde

Non paso moito tempo na casa, asi que deixo un anuncio da organización ecopacifista Greenpeace, que pretende captar nov@s soci@s, unha animación cun final divertido, e parece mentira que sexa asi sabendo contra o que loitan…