A botica da expresión Rotating Header Image

Xullo, 2008:

42€ para tortura

Non houbo problema en dicilo, sí, 42€ pagamos todos os contribuíntes para touradas. Unha cifra que pode parecer pequena, insignificante nos tempos que corren; pero que xa se converteu en 500 millóns de Euros nos últimos anos.

Parece de risa que nun momento de crise, as subvencións á tauromaquia española perduren; non só dende os concellos, deputacións; senón tamén dende o goberno central.

Iso non é todo, Europa tamén paga as touradas; os polacos, austríacos, holandeses, británicos, italianos, alemáns e demáis cidadáns europeos, aportan diñeiro as touradas co beneprácito e colaboración da Unión Europea.

En fondos FEDER aínda non sabemos a cantidade exacta; pero en fondos agrícolas a gandeiros xa van 126 millóns de euros; outra cifra escandalosa, para pagar unha actividade que está prohibida en gran parte do continente europeo…

¿Touros si, touros non?

Antena3, co seu programa de debate 360 grados abordou o eido da tauromaquia e o movemento abolicionista. Neste debate participou Jose Enrique Zaldívar, poñente do I Seminario Galego pola Abolición da Tauromaquia, que terá lugar mañá luns no Club Internacional de Prensa (Santiago).

Nova violación dos dereitos humanos en Israel

O video, grabado por unha nena de 14 anos, mostra como ós soldados de Israel importalles ben pouco os dereitos humanos, e por ende os palestinos.