Lendo a entrevista con Luís Álvarez, empresario multitemático, e organizador da feira taurina da Coruña; véñenme á cabeza algunhas cuestións que debería apuntar.
Cando esta persoa cualifica de éxito o número de abonos vendidos, ao redor de 1500, non menciona o aforamento do espazo, unhas 9.000 persoas segundo o Ministerio do Interior, o que significa que non se chegou nin ao cuarto de capacidade en abonados. Isto quere dicir que só esta cantidade é o aforamento seguro de cada día neste ano.
Fala de afección, de penas, de moitas vendas. Que afección pode haber en Galicia?, onde o 86% da poboación non demostra interese algún por este festexo. O señor Luís demostra vivir apartado da realidade, Galicia non é taurina e nunca o será; e senón dea unha volta por calquera cidade galega e pregunte aos viandantes. Por certo, a afección baixa; a media de idade de asistentes ás corridas rolda os 50 anos, mala cifra para quen se empeña en perpetuar a tortura pública a un ser vivo.
Descoñezo cando chegará o día que vostede e moitos como vostede falen sen vomitar mentiras. E descoñezo tamén cando será o día en que digan canto diñeiro reciben das arcas municipais, do diñeiro de todos; un diñeiro manchado de sangue e sufrimento para o deleite duns poucos.
Vendida en:
3i Tercera Información 8/8/2008








o ago 7th, 2008 ás 8:07 pm
Abstracta arte macabra…
“Lendo a entrevista con Luís Álvarez, empresario multitemático, e organizador da feira taurina da Coruña; véñenme á cabeza algunhas cuestións que debería apuntar. Cando esta persoa cualifica de éxito o número de abonos vendidos, ao redor de…