A botica da expresión Rotating Header Image

Agosto 7th, 2008:

Abstracta arte macabra

Lendo a entrevista con Luís Álvarez, empresario multitemático, e organizador da feira taurina da Coruña; véñenme á cabeza algunhas cuestións que debería apuntar.

Cando esta persoa cualifica de éxito o número de abonos vendidos, ao redor de 1500, non menciona o aforamento do espazo, unhas 9.000 persoas segundo o Ministerio do Interior, o que significa que non se chegou nin ao cuarto de capacidade en abonados. Isto quere dicir que só esta cantidade é o aforamento seguro de cada día neste ano.

Fala de afección, de penas, de moitas vendas. Que afección pode haber en Galicia?, onde o 86% da poboación non demostra interese algún por este festexo. O señor Luís demostra vivir apartado da realidade, Galicia non é taurina e nunca o será; e senón dea unha volta por calquera cidade galega e pregunte aos viandantes. Por certo, a afección baixa; a media de idade de asistentes ás corridas rolda os 50 anos, mala cifra para quen se empeña en perpetuar a tortura pública a un ser vivo.

Descoñezo cando chegará o día que vostede e moitos como vostede falen sen vomitar mentiras. E descoñezo tamén cando será o día en que digan canto diñeiro reciben das arcas municipais, do diñeiro de todos; un diñeiro manchado de sangue e sufrimento para o deleite duns poucos.

Vendida en:

OtroMadrid.org 7/8/2008

Kaos en la Red 7/8/2008

Galiza Indymedia 7/8/2008

3i Tercera Información 8/8/2008

O CICR pide explicacións ó goberno colombiano polo uso indebido dos seus emblemas

COMUNICADO DE PRENSA – Xenebra, 6 de Agosto do 2008

O Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) manifestou hoxe a súa grave inquietude ante o que parece ser un deliberado uso indebido do emblema da Cruz Vermella durante a operación, efectuada o 2 de xullo, para liberar a 15 reféns.

Nun vídeo transmitido esta semana na televisión colombiana, revélase que, ata antes de que comezase a operación, un membro do equipo do exército que participou na liberación levaba posto un chaleco sinalado co emblema da cruz vermella, o que fai supoñer o uso indebido intencional.

“Se se autentican, estas imaxes establecerían sen equívocos o uso indebido do emblema da cruz vermella, feito que lamentamos”, declarou o director adxunto de Actividades Operacionales do CICR, señor Dominik Stillhart. O uso dos emblemas da cruz vermella, da media lúa vermella e do cristal vermello está reglamentado nos Convenios de Xenebra e as súas Protocolos adicionais. Estes emblemas non poden ser utilizados por organismos ou persoas que non estean autorizados a facelo de conformidad co dereito internacional humanitario. “Estamos en contacto coas autoridades colombianas, ás que solicitamos máis aclaraciones sobre o que sucedeu exactamente”, dixo o señor Stillhart.

O respecto total e cabal debido ao emblema da Cruz Vermella é esencial para que o CICR poida prestar asistencia e protección ás persoas máis afectadas por conflitos armados e outras situacións de violencia. Como organización humanitaria neutral e imparcial, o CICR depende da confianza que lle outorgan as partes no conflito para poder realizar o seu labor humanitario.

Ligazón orixinal