A botica da expresión Rotating Header Image

Setembro 17th, 2008:

Welcome to Idade Media

O pasado 14 de setembro, de novo organizacións de tódolos eidos e ámbitos reuníronse en Tordesillas para protestar contra o Toro de la Vega, un festexo que consiste en soltar un toro nun campo e clavarlle lanzas ata matalo.

A protesta tamén se desprazou a Valladolidad, para protestar contra as instancias que permiten esta barbarie.

Este ano, o elixido foi Valentón, un touro que sucumbiu en 11 minutos de irracionalidade e brutalidade.

Nesta cita non houbo representación galega por motivos alleos, pero para o 2009, temos a intención de montar un autocar dende a Asociación Animalista Libera!, para todos aqueles cidadáns galegos que queiran mostrar a súa repulsa os veciños de Tordesillas.

Deixo un video de La Sexta, do programa do Gran Wyoming, El Intermedio, onde él e a súa compañeira atacan esta ¿tradición?

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/lw1Ap_gFEIc" width="425" height="350" wmode="transparent" /]