A botica da expresión Rotating Header Image

Setembro 22nd, 2008:

Precariedade mental

Onte estivemos en Negreira, na concentración en repulsa da novillada que o Concello, a asociación de festexos e a empresa Zacande sacaron da manga.

Teño que dicir que é a primeira vez dende 1969 que se celebra un espectáculo taurino en Negreira, e tal como comprobamos, a xente non respostou como pretendían. Nun recinto portátil con capacidade para 2500 persoas, apenas había unhas mil…

Fumos pacíficos, non insultamos nen atacamos ós asistentes, sen embargo, algún dos pseudotoreiros adicounos un corte de manga, un xesto moi representativo da súa precariedade mental.

4 animais vexados e sufrindo o estrés constante dun público repleto de menores, algúns de moi curta idade, e tamén algúns vestidos de “sevillanas”, como se dunha tourada na Maestranza se tratase.

Houbo momentos de tensión, cando un xinete case atropela a vari@s d@s manifestantes, e logo cando a charanga, con ritmos españolistas, tentou entrar por onde nos atopabamos concentrados. Houbo empurróns, sobretodo por parte de Antonio Martinez, o organizador do evento da parte de Zacande, a empresa taurina.

Tamén un afecionado taurino tentou aparcar o seu carro no interior do recinto, e como non, quería entrar por onde estabamos. Non o conseguiu, despois de convidalo a aparcar noutro lado. Logo mirounos mal, cunha xesticulación ameazante.

Rematamos sobre as 18:30, e a novillada aínda non rematara. 4 vaquillas maltratadas, 4 seres vivos vítimas do irraciocinio dalgúns, e baixo a atenta mirada de varios concelleiros de Negreira, e por suposto do alcalde. ¿Non dicía que se opoñía? Ollade as súas declaracións na TVG, unha berrencha pura e dura.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG