A botica da expresión Rotating Header Image

Tribulacións dun imbécil

Hai uns días saltou unha nova en diferentes medios sobre as declaracións de Pablo Casado, un neno de 24 anos.

Pablo é pequeno, un pequeno maior que preside as Nuevas Generaciones de Madrid. E non se lle ocurriu mellor idea que axudar a Papá Mariano, e criticar e mofarse da guerra civil e da represión

As que ti chamas fosas de non sei quen, Casado, son onde están enterrados gran parte dos 143.353 represaliados pola irracional ultradereita, a que seguides agochando nalgún lugar de Génova. 143.353 persoas con nome e apelidos, que non se sabe onde foron asasinados, dos que as súas familias non perderon a esperanzas de despedilos como merecen.

E todas esas persoas non eran de esquerdas por moda, como te atreves a dicir, non eran carcas, eran seres humanos que loitaban por un mundo mellor, dende o campo ou dende un despacho, dende a cidade ou dende unha pequena vila mariñeira; persoas que creían no progresismo das súas ideas e no avance. Sen embargo, xente como ti, Pablo, coartou o progreso, a esperanza e a paz…

A Lei de Memoria Histórica, aínda que incompleta, é unha lei moi necesaria, non reabre heridas, senón que contribúe a cicatrizalas facendo pagar os culpableis, das súas atrocidades e barbaries. Vellas heridas é ter que aguardar 30, 40 ou 50 para descubrir onde está o teu pai, nai, avó ou avóa. Vellas heridas sen cura ata agora.

O mellor sería que miraras cara atrás, a ver se o teu carón hai algún dos tantos membros do PP que contribuíron o fortalecemento da ditadura, e que continúan a exercer a política dende a impunidade coas mans manchadas de sangue.

Vendida en:

Tercera Información ??/9/2008

Kaos en la Red 23/9/2008

Galiza Indymedia 23/9/2008

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3 Comentarios on “Tribulacións dun imbécil”

  1. #1 chuza.org
    o set 23rd, 2008 ás 12:01 pm

    Tribulacións dun imbécil…

    Hai uns días saltou unha nova en diferentes medios sobre as declaracións de Pablo Casado, un neno de 24 anos.

    Pablo é pequeno, un pequeno maior que preside as Nuevas Generaciones de Madrid. E non se lle ocurriu mellor idea que axudar a Papá Mari…

  2. #2 spider
    o set 23rd, 2008 ás 4:11 pm

    Completamente de acordo, o mellor para sanda-las feridas e descubrir onde están.

  3. #3 Bardo do Vinho
    o set 24th, 2008 ás 5:46 pm

    Moi bo artigo.

    É imposíbel construir o futuro sen estudar o pasado. O fascismo combatese lendo!!

Deixa un comentario