A botica da expresión Rotating Header Image

Setembro, 2008:

Mércores 24, ás 23:45. Debate taurino en Vivir Aquí, na TVG

Cabeceira Vivir Aqu�

Debate taurino no programa Vivir Aquí, da Televisión Pública de Galicia.
Mércores 24, a partires das 23:45 horas.

E tamén dende Internet nesta ligazón:
http://www.crtvg.es/ (Picando na sección “directo”) Pode ir cun pouco de retraso con respecto ó directo da televisión.

Vivir Aquí, segundo lemos no seu espazo en Internet, é un programa que escoita ós cidadáns. Isabel Durán e Xosé Luís Bernal “Farruco” conducen este espazo semanal no que é imprescindible a vosa participación.

Intervendrán, Rubén Pérez Sueiras, coordinador da Asociación Animalista Libera! en Galicia, e membro da plataforma Galicia, mellor sen touradas; e Antonio Martinez, xerente da empresa taurina Zacande S.L.

Tribulacións dun imbécil

Hai uns días saltou unha nova en diferentes medios sobre as declaracións de Pablo Casado, un neno de 24 anos.

Pablo é pequeno, un pequeno maior que preside as Nuevas Generaciones de Madrid. E non se lle ocurriu mellor idea que axudar a Papá Mariano, e criticar e mofarse da guerra civil e da represión

As que ti chamas fosas de non sei quen, Casado, son onde están enterrados gran parte dos 143.353 represaliados pola irracional ultradereita, a que seguides agochando nalgún lugar de Génova. 143.353 persoas con nome e apelidos, que non se sabe onde foron asasinados, dos que as súas familias non perderon a esperanzas de despedilos como merecen.

E todas esas persoas non eran de esquerdas por moda, como te atreves a dicir, non eran carcas, eran seres humanos que loitaban por un mundo mellor, dende o campo ou dende un despacho, dende a cidade ou dende unha pequena vila mariñeira; persoas que creían no progresismo das súas ideas e no avance. Sen embargo, xente como ti, Pablo, coartou o progreso, a esperanza e a paz…

A Lei de Memoria Histórica, aínda que incompleta, é unha lei moi necesaria, non reabre heridas, senón que contribúe a cicatrizalas facendo pagar os culpableis, das súas atrocidades e barbaries. Vellas heridas é ter que aguardar 30, 40 ou 50 para descubrir onde está o teu pai, nai, avó ou avóa. Vellas heridas sen cura ata agora.

O mellor sería que miraras cara atrás, a ver se o teu carón hai algún dos tantos membros do PP que contribuíron o fortalecemento da ditadura, e que continúan a exercer a política dende a impunidade coas mans manchadas de sangue.

Vendida en:

Tercera Información ??/9/2008

Kaos en la Red 23/9/2008

Galiza Indymedia 23/9/2008

Precariedade mental

Onte estivemos en Negreira, na concentración en repulsa da novillada que o Concello, a asociación de festexos e a empresa Zacande sacaron da manga.

Teño que dicir que é a primeira vez dende 1969 que se celebra un espectáculo taurino en Negreira, e tal como comprobamos, a xente non respostou como pretendían. Nun recinto portátil con capacidade para 2500 persoas, apenas había unhas mil…

Fumos pacíficos, non insultamos nen atacamos ós asistentes, sen embargo, algún dos pseudotoreiros adicounos un corte de manga, un xesto moi representativo da súa precariedade mental.

4 animais vexados e sufrindo o estrés constante dun público repleto de menores, algúns de moi curta idade, e tamén algúns vestidos de “sevillanas”, como se dunha tourada na Maestranza se tratase.

Houbo momentos de tensión, cando un xinete case atropela a vari@s d@s manifestantes, e logo cando a charanga, con ritmos españolistas, tentou entrar por onde nos atopabamos concentrados. Houbo empurróns, sobretodo por parte de Antonio Martinez, o organizador do evento da parte de Zacande, a empresa taurina.

Tamén un afecionado taurino tentou aparcar o seu carro no interior do recinto, e como non, quería entrar por onde estabamos. Non o conseguiu, despois de convidalo a aparcar noutro lado. Logo mirounos mal, cunha xesticulación ameazante.

Rematamos sobre as 18:30, e a novillada aínda non rematara. 4 vaquillas maltratadas, 4 seres vivos vítimas do irraciocinio dalgúns, e baixo a atenta mirada de varios concelleiros de Negreira, e por suposto do alcalde. ¿Non dicía que se opoñía? Ollade as súas declaracións na TVG, unha berrencha pura e dura.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG