A botica da expresión Rotating Header Image

Outubro 2nd, 2008:

Apostatade, malditos

Hoxe publiquei a nova sección na que levaba traballando uns días, O almacén do apóstata unha sección a modo de oficina virtual con material e información sobre a apostasía.

Espero que este pequeno gran de arroz sirva para que cada vez haxa máis cidadáns apostatando, e contribuíndo a limpar o lixo dunha relixión, a católica, que recorda a morte e devastación.

Quero recordar tamén, que a apostasía non existe só no mundo católico, tamén os crentes musulmáns poden apostatar do Islam. Sobre isto espero traballar e dar unha resposta ós musulmáns que non queren selo, ¡se hai algún, claro!. Aínda que as relixións son completamente distintas e necesitaría dunha complexa análise…

Nos vindeiros días irei completando a sección con máis material para baixar. Outra das motivacións no é só o ateísmo ou agnosticismo, senón que non atopei por ningures a documentación para apostatar en galego. Non é complicado traducila, pero se podo aforrar uns minutiños ás persoas que deciden facelo en galego, pois isto xa paga a pena.

¡¡¡Invitovos a pasar polo almacén e coller entre as caixas o material “apostativo” que necesitedes!!!

Tamén coloquei unha nova categoría para o blogue, “o almacén”, para aquelas novas e temas relacionados coa nova sección.