A botica da expresión Rotating Header Image

Outubro 7th, 2008:

Explotación

Hai pouco saíu na prensa un video duns macacos que traballaban como camareiros nunha pequena taberna de Xapón. Unha noticia que demostra o contínuo servilismo ó que sometemos os demais seres vivos.

O ser humano non é o dono do planeta, nen dos seus habitantes; non contentos con matar día a día á Terra, co quecemento global, a deforestación, a contaminación de ríos, mares e océanos; temos que exterminar e esclavizar os animais. Circos, gandeiría, tauromaquia, festas, todo vale para facer dos animais uns obxetos os cales manexamos polo noso interés sen problemas nen remordimentos. Non pasa nada se sacrificamos en Galicia 80 millóns de animais ó ano, nen usar elefantes e leóns nos circos, nen guindar animais dun campanario, todo vale, o antropocentrismo manda.

Empregar animais como traballadores é unha situación que roza a esquizofrenia, empregar a un ser vivo que non ten conciencia do que fai, e tampouco pode protestar, porque senón ser castigado polos seus donos, ávidos de diñeiro e fama a costa da explotación animal.

Igual pasa cos seres humanos, e a relativa abolición da escravitude. A explotación humana non ten límites, e as mentes dalgúns están podres dende hai moito.

Vendida en:

La Voz de Galicia  7/10/2008