A botica da expresión Rotating Header Image

Outubro 16th, 2008:

Descubre a túa “pegada” hídrica

A Universidade de Twente, en Holanda, creou xa no 2005 unha páxina web para descubrir a todolos internautas, o consumo de auga que supón, por exemplo unha xarra de cervexa.

A calculadora hídrica, por chamala dalgunha maneira, analiza distintas variables como o consumo de cereais, produtos cárnicos, leite, ovos, frutas, hortalizas, etc. e tamén os hábitos relacionados coa auga, como a ducha, o cepillado de dentes e demais.

A partires de aquí calcula a “pegada” que deixas no planeta. Os vexetarianos e veganos deberían deixar unha pegada menor; posto que só un kilogramo de carne de tenreira supón un custo duns 15.500 litros de auga, unha cifra enorme, se a comparamos co kilogramo de millo, que cotiza a 1.300 litros…

CLICKEA E DESCUBRE A TÚA “PEGADA”

É unha pequena e sinxela ferramenta que nos pode axudar a concienciarnos da problemática da auga no planeta, onde cada ano morren 5 millóns de nenos por desnutrición severa, e onde as explotacións animais contaminan o solo e as augas doces soterradas (acuíferos e ríos).