A botica da expresión Rotating Header Image

Outubro 19th, 2008:

¿Unha verdade incómoda?

No 2006 chegou o documental “Una verdad incómoda”, que abordaba o tema do quecemento global e as posibles ou hipotéticas causas e desenlace que tería para o noso planeta e para os seus habitantes nos próximos anos.

O documental chegaba avalado polo ex-vicepresidente dos Estados Unidos, Albert Arnold Gore; máis coñecido como Al Gore. Un filme que narraba o propio político en primeira persoa, enlazando con temas da súa vida e como él se declaraba ecoloxista xa en anos pasados.

Despois de “Una verdad incómoda”, que sen dúbida espertou a conciencia de moitisima xente, chegaría Live Earth, unha serie de concertos mundiais intercontectados e simultáneos para combatir o cambio climático. A súa finalidade, recaudar diñeiro, foi amplamente cuberta; sen embargo, dubido moito que arranxase algo…

Máis tarde, naceu Climate Project, un proxecto para expandir o coñecemento do quecemento global mediante personaxes mediáticas e tamén persoas anonimas. A día de hoxe, o homólogo español do proxecto apenas fixo nada. Estamos nunha encrucillada moi importante, e somos responsables da destrución e consumo o que estamos sometendo ó planeta.

Al Gore non é nin moito menos un enviado supremo, nin tan sequera ten toda a razón; posto que a súa familia leva arrendando dende hai xeracións distintas minas que posuen, e tal o que predica o político, os combustibles fósiles non son unha boa mediciña.

Pero non quero lanzar unha crítica sen fundamento. Viro ata o 2007, cando Al Gore e Rajendra Pachauri reciben o Premio Nobel da Paz. Al Gore é ben coñecido, pero ¿quén diaños é Rajendra?

Rajendra Pachauri é un experto economista e científico medioambiental, de orixe india, e actual presidente do IPCC, o Panel Intergubernamental para o Cambio Climático, organismo dependente da ONU.

Este organismo xa advertiu que unha das causas do quecemento global provén da desproporcionada explotación gandeira que fai o ser humano. As explotacións animais son responsables do 18% das emisións de gases de efecto invernadoiro no planeta; e por exemplo, unha comparación no Reino Unido fala do 8% das emisións totais do país, fronte o 2,5% das emisións para producir froitas e vexetais.

Segundo Rajendra, é máis doado reducir o consumo de alimentos cárnicos que modificar as nosas conductas cos automóbiles, por iso; comer menos carne é unha boa maneira de loitar contra o quecemento global.

A pesares disto, Al Gore nunca quixo incluír no seu filme o impacto medioambiental da gandeiría, quizáis porque non lle interesaba, ou porque el tamén posue gandos no seu rancho…

Por iso xurdiu “Meat the Truth”, un filme documental sufragado con fondos dunha fundación holandesa onde se abranguen todos os problemas que derivan no cambio climático; sen sesgar coñecemento como o señor Albert.

Por certo; Al Gore cobra unha media de 120.000€ por relatorio, e non deixa pasar nunca videocámaras nas súas conferencias ¿que quere ocultar?. Recentemente, o goberno vasco pagoulle 200.000€ por un relatorio, unha cifra que sen dúbida podería ter mellor uso que o dun político reconvertido; compensa que Rajendra Pachauri fale por unha cantidade moitisimo menor, e que de verdade saibamos como combatir o quecemento global dende os nosos fogares.