A botica da expresión Rotating Header Image

Outubro 22nd, 2008:

Memoria (des)histórica

Se hai unhas semanas soprendía Esperanza Aguirre-Wayne efrontándose aos traballadores dun hospital, e en poucos días o seu goberno filtraba o sindicalismo de varios empregados que protestaron contra a súa presenza nun hospital.

Agora, Esperanza, volve coas pilas moi cargadas, quizais demasiado; esta vez o motivo do seu ataque é o auto iniciado polo Xuíz Garzón sobre a ditadura franquista e os seus excesos.

A falta de educación e de respeto que mostra esta muller polos centos de miles de persoas asasinadas durante o réxime franquista roza a ilegalidade. Comparar un feito histórico como a época de Napoleón, que curiosamente é heroe nacional en Francia, co asasinato ruín e sombrío do aparato policial e militar da ditadura é canto menos vergoñoso.

Sempre que ocorre algo relacionado coa ditadura, que se basea por exemplo, na exhumación masiva de fosas comúns, ou no enxusticiamento dos responsables, aparece a temida oración “reabrir viejas heridas”. ¿Que vellas feridas vai reabrir, se os familiares e parentes dos asasinados e desaparecidos nunca as pecharon, ¿como é posible que haxa tales personaxes que neguen este dereito a coñecer o paradeiro dos seus familiares?

¿Como é posible que os guerrilleiros e maquis españois aínda non teñan un recoñecemento oficial pola súa defensa do goberno lexítimo? ¿Como pode ser que todavía existan vestixios franquistas nas nosas cidades?

Todo isto ten poucas respostas, e quizais a máis interesante sexa: a algúns non lles interesa. O que foi historia para uns, é un calvario para outros. Case 30 anos vivindo no exilio, case 30 anos sufrindo a represión dos irracionais. E todavía agora, no 2008, certas posicións ideolóxicas néganse a mirar cara diante, pechando definitivamente o sanguento pasado.

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/ZmIqS5473iw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

En Galicia aínda temos máis posicións surrealistas; a familia Franco, todavía non xuzgada, tentou á Consellería de Cultura para obter unha indemnización pola futura declaración de BIC (Ben de Interés Cultural) do Pazo de Meirás. Carmen, ¿cando pagaredes á familia Pardo Bazán o expolio do seu fogar?

Vendida en:

Kaos en la Red 23/10/2008