Se hai unhas semanas soprendía Esperanza Aguirre-Wayne efrontándose aos traballadores dun hospital, e en poucos días o seu goberno filtraba o sindicalismo de varios empregados que protestaron contra a súa presenza nun hospital.
Agora, Esperanza, volve coas pilas moi cargadas, quizais demasiado; esta vez o motivo do seu ataque é o auto iniciado polo Xuíz Garzón sobre a ditadura franquista e os seus excesos.
A falta de educación e de respeto que mostra esta muller polos centos de miles de persoas asasinadas durante o réxime franquista roza a ilegalidade. Comparar un feito histórico como a época de Napoleón, que curiosamente é heroe nacional en Francia, co asasinato ruín e sombrío do aparato policial e militar da ditadura é canto menos vergoñoso.
Sempre que ocorre algo relacionado coa ditadura, que se basea por exemplo, na exhumación masiva de fosas comúns, ou no enxusticiamento dos responsables, aparece a temida oración «reabrir viejas heridas». ¿Que vellas feridas vai reabrir, se os familiares e parentes dos asasinados e desaparecidos nunca as pecharon, ¿como é posible que haxa tales personaxes que neguen este dereito a coñecer o paradeiro dos seus familiares?
¿Como é posible que os guerrilleiros e maquis españois aínda non teñan un recoñecemento oficial pola súa defensa do goberno lexítimo? ¿Como pode ser que todavía existan vestixios franquistas nas nosas cidades?
Todo isto ten poucas respostas, e quizais a máis interesante sexa: a algúns non lles interesa. O que foi historia para uns, é un calvario para outros. Case 30 anos vivindo no exilio, case 30 anos sufrindo a represión dos irracionais. E todavía agora, no 2008, certas posicións ideolóxicas néganse a mirar cara diante, pechando definitivamente o sanguento pasado.
[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/ZmIqS5473iw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
En Galicia aínda temos máis posicións surrealistas; a familia Franco, todavía non xuzgada, tentou á Consellería de Cultura para obter unha indemnización pola futura declaración de BIC (Ben de Interés Cultural) do Pazo de Meirás. Carmen, ¿cando pagaredes á familia Pardo Bazán o expolio do seu fogar?
Vendida en:





on Out 22nd, 2008 at 2:57 p.m.
«nunca as pecharon» es la clave de todo… el que mata cree que con el tiempo y los borrones y «contas novas» todo son pelillos a la mar… porque son incapaces de meterse en la piel del que es «matado».
on Out 23rd, 2008 at 10:43 a.m.
Yo he llegado tarde a la película de la Guerra Civil, la posguerra, el franquismo y la movida, porque hace sólo 10 años que vivo en España. Me pregunto si será por eso que no entiendo cómo es que la gente cree que muerto el perro se acabó la rabia. Muertos hay de uno y otro bando, duelen todos en la intimidad de cada familia; lo curioso es que hay personas que creen que para que su muerto «descanse» hay que impedirles a otros que lloren, busquen, pregunten, reclamen justicia para el suyo.
¿No lo entiendo porque no soy española o no lo entiendo porque no se puede entender?
saludos,
Euralia
on Out 23rd, 2008 at 1:09 p.m.
Euralia, esto no lo entiende nadie; en otros países que han sufrido parecidas atrocidades los culpables han sido juzgados o se están juzgando: Chile, Argentina, Alemania; pero en España todo es distinto, e incluso me atrevería a decir que siguen están presentes ideologías del pasado…