A botica da expresión Rotating Header Image

Outubro 24th, 2008:

Aznar, o profeta climático

Na presentación do libro “Planeta azul, no verde”, por parte do seu autor, o presidente da República Checa Václav Klaus e o presidente da FAES, Jose María Aznar, descubrimos de novo, como o señor Aznar é próximo o escepticismo que rodea toda a dereita máis casposa do país.

O ex-presidente do goberno criticou con dureza ás organizacións ecoloxistas, e incluso permitiuse o luxo de aconsellar “ó planeta” e invertir mellor o diñeiro en paliar as mortes de fame.

É hipócrita e moi tendencioso que unha persoa que estivo á fronte da (teóricamente) oitava nación do mundo, e que no tempo que estivo na poltrona, que non foi pouco, apenas variou o presuposto de Cooperación ó Desenvolvemento de España. Non se entende como agora fale de fame e pobreza, cando nunca lle interesou o tema; e recurre a falacia “de problemas más importantes”, como fan moitas persoas que non lles interesa ou non lles gusta o que se dedica a xente de forma altruista.

O presidente da República Checa, o autor deste libro canto menos curioso, será o próximo presidente de turno da Unión Europea, polo que as medidas contra o quecemento global e pola mellora do medio ambiente non gozarán de moita prioridade para Václav. Incluso hai probas de que este home, escéptico recoñecido, financia lobbies contrarios a man do ser humano no planeta e a súa consencuencia: o cambio climático.

Nestes momentos de falacia e hipocresía por parte dalgúns, é necesario recordar todos aqueles estudos e traballos do IPCC, Panel Intergubernamental para o Cambio Climatico; organismo da ONU recoñecido polas súas aportacións á problemática medioambiental que nos afecta.

As nefastas palabras de Aznar, que recordan tamén as que fixo sobre a DGT e o viño, ou as verbas contra Iraq e as súas armas de destrucción masiva, só serven para demostrar o pensamento negativo dun home que gobernou un país, !incríble¡

Por certo, a súa dona, Ana Botella é concelleira de Medio Ambiente no Concello de Madrid ¿¿¿que situación agarda ós cidadáns desta cidade co “revisionismo” climático???