A botica da expresión Rotating Header Image

Outubro 30th, 2008:

19.000.000

Ó redor de 19.000.000 de nenos padecen desnutrición aguda severa no planeta, unha cifra impoñente, que mostra como as personas non nos preocupamos excesivamente polos demais. Segundo Acción contra el Hambre, tres mil millóns de dolares serían suficientes para tratar a todas estas persoas. A solución é barata, non se debería dubidar; pero ¿porque non se aplica? As razóns son variadas, e sempre relacionadas co aspecto económico.

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/RSxJQF0bwZA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Se de verdade quixeramos paliar a fame da terra, poderíamolo facer, é sinxelo, é barato, e sobretodo é ético. Sen embargo, non é rendible, non é capitalista e moito menos ningún gobernante dun país industrializado vai regalar o diñeiro sen nada a cambio.

Por iso, e por máis factores continúa a fame, continúan a morrer millóns de persoas, non só nenos; e son as entidades sen ánimo de lucro as que están a traballar nesta penosa e imposible quimera: a erradicación da fame.

A pesares disto, cada persoa ten unha chave, unha entrada a outras portas que pode presionar ó seu goberno para que actúa fronte a este problema mundial.