A botica da expresión Rotating Header Image

Outubro, 2008:

19.000.000

Ó redor de 19.000.000 de nenos padecen desnutrición aguda severa no planeta, unha cifra impoñente, que mostra como as personas non nos preocupamos excesivamente polos demais. Segundo Acción contra el Hambre, tres mil millóns de dolares serían suficientes para tratar a todas estas persoas. A solución é barata, non se debería dubidar; pero ¿porque non se aplica? As razóns son variadas, e sempre relacionadas co aspecto económico.

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/RSxJQF0bwZA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Se de verdade quixeramos paliar a fame da terra, poderíamolo facer, é sinxelo, é barato, e sobretodo é ético. Sen embargo, non é rendible, non é capitalista e moito menos ningún gobernante dun país industrializado vai regalar o diñeiro sen nada a cambio.

Por iso, e por máis factores continúa a fame, continúan a morrer millóns de persoas, non só nenos; e son as entidades sen ánimo de lucro as que están a traballar nesta penosa e imposible quimera: a erradicación da fame.

A pesares disto, cada persoa ten unha chave, unha entrada a outras portas que pode presionar ó seu goberno para que actúa fronte a este problema mundial.

Vida perra

Vida Perra é unha curtametraxe que aborda o tema do abandono de animais; unha situación que afecta a unha cifra incrible de animais, entre 100.000 e 500.000 seres vivos son abandoados cada ano. Calcúlase que o 70% destes, non sobrevive.

Por iso, Vida Perra, unha curtametraxe, 7 minutos e medio de historia dun canciño e os seus donos, agora que o viches ¿pensas que é un problema menor?

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/qDJ8pouRS9A" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Vida Perra foi galardoado co 2º Premio no certame Canarias Rueda La Palma 2008. Actualmente, a lei de Proteción e Benestar Animal de Galicia data do ano 1993, todavía quedan moitos indeseables sen castigo…

O Pazo do pobo

Quería comezar esta entrada cun video do Pazo de Meirás, unha propiedade expoliada á Familia Pardo Bazán durante a ditadura, que como non, recaeu no poderío da Familia Franco, quenes na actualidade aínda continúan a desfrutar dun espazo que non é seu.

Tamén permito”me” recoller información do Pazo da Galipedia, para aqueles que non saibades de que vai o tema:

Nos terreos onde agora se ergue o pazo houbo ata 1809 unha casa forte, queimada en 1809 polos franceses durante a guerra de independencia. Esta primeira construción pertencera á liñaxe dos Patiño de Bergondo, vencellados por enlaces matrimoniais aos Pardo de Lama, devanceiros da escritora Emilia Pardo Bazán, quen posuía o título de condesa de Pardo Bazán, concedido polo rei Afonso XIII en recoñecemento á súa relevancia no mundo literario. No ano 1893 a escritora e mais a súa nai decidiron encargar a construción dun pazo sobre as ruínas anteriores, das que non se conserva nada.

Trala morte da escritora o 12 de maio de 1921 e do seu fillo Jaime en 1936, os descendentes lexítimos da escritora, a súa filla Blanca Quiroga de Pardo Bazán e a súa nora Manuela Esteban Collantes, tentaron doar o inmoble á Compañía de Xesús, pero esta non aceptou as condicións postas polas herdeiras. A venda produciuse finalmente a unha comisión que buscaba un pazo como agasallo ao ditador Francisco Franco. O pazo pasou a mans do xeneral o 5 de decembro de 1938. A cantidade da venda varía segundo as fontes entre as 400.000, as 450.000 ou as 725.000 pesetas daquel tempo. Trala venda do pazo comezaron as obras de remodelación e acondicionamento da finca: amañouse o muro, a estrada desprazouse varios metros e ampliouse, instalouse unha grande porta de ferro na entrada principal, e construíronse garitas de vixilancia e fontes, para axeitala a ser a residencia de verán do xefe do estado.

Estas obras sufragáronse parcialmente, cando menos, con colectas nos concellos da comarca e con impostos especiais. Os funcionarios vía reducido o seu soldo para financiar as obras. Os arquivos municipais de Oleiros gardan a suma que os cidadáns dese concello entregaron, 9.000 pesetas, con achegas que ían desde os 25 céntimos ata as 400 pesetas, aínda que tamén se recolleron xoias. Noutros casos producíronse ameazas e extorsións, vendas a prezos irrisorios de terreos que ampliaron a extensión do pazo, e doazóns máis ou menos libres baixo a ameaza de desafección co réxime.

Logo da morte de Franco, o pazo pasou á propiedade da muller, quen segue sendo a titular malia falecer en 1988. En 1977 casou alí unha das netas, Merry Martínez Bordiú, co xornalista Jimmy Giménez-Arnau. En 1978 produciuse un incendio que destruíu parte do interior da construción. Durante anos, o inmoble estivo en mal estado ata que foi recuperado e acondicionado de novo en 1996, para a voda doutra das netas de Franco. Na actualidade, o pazo de Meirás é residencia estival da filla de Franco, Carmen Franco.