A botica da expresión Rotating Header Image

Novembro 1st, 2008:

25 novas censuradas para 2009

A plataforma “Proxecto Censura” difundiu hai uns días as 25 historias periodísticas que serán censuradas no 2009 con moita probabilidade; gran parte delas pertence a Estados Unidos, pero tamén hai varias de índole mundial, como o tema da escravitude:

As historias censuradas son (en inglés):

¿Crise?

A crise económica está afectando á poboación mundial, e sobretodo a aquelas persoas que apenas dispoñen dun “colchón” en forma de aforros que lles permita sobrelevar ben esta situación.

Os plans de axuda dos diferentes gobernos europeos, así como doutros países, amósanse ineficaces, xa sexa por un excesivo apoio os pilares fortes da economía como os bancos, como por un insuficiente apoio ós máis perxudicados, os cidadáns.

E é neste contexto de catástrofe monetaria (segundo algúns), cando as entidades bancarias, esas empresas privadas que gardan o noso esforzo, reciben millóns e millóns de euros, nunha manobra que nos interesa a todos, posto que somos todos os que a pagamos.

Alemaña, Francia, Italia, España, poucos son os estados que non lanzan os seus fabulosos plans de axuda, que se reducen na meirande maioría a apoiar sen tapuxos e apenas condicións ós executivos.

Nos próximos días é posible que Barclays, outrora entidade moi fiable, reciba unha inxección millonaria dun país “modelo” en Dereitos e Liberdades, o emirato de Qatar. De confirmarse esta nova, estaríamos ante un rescate dun terceiro país a unha entidade bancaria, algo inaudito, se non fora porque como sempre, algún rédito sacarán os qatarís.

¿Hai crise? Sí, pero só para tódolos currantes.