A botica da expresión Rotating Header Image

Novembro 4th, 2008:

GRAZAS


Non falei nada deles durante o tempo que durou a votación, co único obxetivo de non interferir no día a día deste blogue…

Pero como xa acabou a votación popular, hoxe aproveito e dou GRAZAS, a tódalas persoas que votaron á Botica da Expresión, e a todas aquelas que visitaron o meu blogue durante a votación dos 20Blogs, do periódico gratuito 20Minutos.

Quedei de 5º na categoría “Versión Original”, con 22 votos; e na clasificación xeral nunha meritoria 58ª posición, que da acceso ó Xurado que otorgará outros 3.000€ e unha invitación a escreber como columnista no diario 20Minutos. Non vou gañar, e eu xa estou moi ledo pola posición no primeiro ano que participo. Non fai falla o diñeiro…¡¡¡teño o meu blogue!!!

Aproveito tamén para agradecer a presenza en medios como Chuza e Código Cero, que adican unha mención ós dous blogues escritos en galego que pasamos a “criba” dos 100 primeiros.

GRAZAS

Citizienship Education

Con este nome tan valenciano se denomina á asinatura “Educación para a Cidadanía” na Comunidade Valenciana, bastión do Partido Popular.

Nun momento onde certos sectores falan da mala saúde do castelán, sorprende que algúns responsables educativos ofrezan unha asinatura íntegra en inglés, maila que a propia asinatura de inglés non o faga.

Para quen non o saiba; esta artimaña é a orixinal idea para impartir a nova asinatura presente nos centros educativos, pensando que xa que os nenos valencianos, malia lles pese, non teñen moita idea da língua de Shakespeare; tampouco terán que aprender nada sobre igualdade, dereitos humanos, ou violencia de xénero. Total.

Nos medios xa se reflicte o malestar dos docentes e dos alumnos, quenes non teñen suficientes coñecementos a día de hoxe para afrontar do día á noite tal materia educativa nunha língua estrana.

Estos grupúsculos, tan dados a nomear ós demais países de Europa e as súas liberdades do Século XXII (non me equivoco con número), prefiren calar ante Educación para a Cidadanía, que xa leva lustros de adianto en Francia, Alemaña ou Luxemburgo… Mentras a democracia permita tales atrocidades educativas como as de Valencia, pouco poderemos presumir de solidaridade e tolerancia.