A botica da expresión Rotating Header Image

Novembro 18th, 2008:

As barreiras caen

Cem Özdemir é fillo de inmigrantes turcos, chegados a Alemaña hai bastantes anos. Pero a súa historia non é unha historia corrente; é unha cadea de superación ata chegar, hai un par de días, á co-presidencia do partido alemán dos Verdes.

É o primeiro xermano-turco en acadar tal posición política, e tamén foi o primeiro, en 1994 en acadar un posto no Parlamento Alemán, e máis tarde no Parlamento de Europa. Sen dúbida é unha ledicia para os máis de 8.000.000 de turco-xermanos que residen no país. E tamén para Os Verdes, que supoño que pensaron nas próximas eleccións en Alemaña, xa no 2009.

Pero !ollo¡, tampouco hai que trabucarse, os partidos ecoloxistas como Os Verdes, teñen, por case “tradición”, adiantarse social e moralmente a moitas das medidas contra a discriminación ou as desigualdades, e isto é un exemplo que debería redundar en tódolos partidos políticos dos países democráticos, non só nos de sempre.