A botica da expresión Rotating Header Image

Novembro, 2008:

Prioridades

No 2008 e unha sentenza despois, seguimos coa teima da laicidade do ensino público, e por ende do Estado español. Moi recentemente, un xuíz de Valladolid ordeou a retirada dos crucifixos dun colexio público da cidade vallisoletana.

Sen embargo, non tardaron en xurdir voces contrarias a tal despropósito contra a relixión católica. Estas voces reúnense baixo o palio do Partido Popular e da Conferencia Episcopal, con Rouco Varela á cabeza, e as súas ansias por “olvidar”.

A organización laica que traballou e gastou o diñeiro para demostrar unha evidencia sufriu todo tipo de ataques, e varios deles proviñan do mesmo centro, dos mesmos país.

Unha das nais dicía que había cousas máis importantes que retirar os crucifixos, e por iso eu elaboro unha sinxela táboa de prioridades para esta muller, que comeza así.

Se a muller X lle ofrecemos 2 opcións, sendo A, regalarlle 2.000 euros para pasar ben o Nadal, e sendo B, entregar esta cantidade económica a mellorar o ensino público, ¿Qué escollería X?

Eu apostaría pola opción A, porque esta muller que demostra tan pouco respeto por unha sentenza judicial, e tan pouco respeto polas ideas dos demais, é probable que prefira gañar ela o diñeiro que doalo a xente descoñecida.

Estou con Fernando Pastor, portavoz da Asociación Cultural Escuela Laica de Valladolid, e pai; e defendo o seu dereito a denunciar ó Estado para garantir a laicidade e o respeto que nos merecemos por non seguir ningunha confesión.

Debate sobre as touradas na TVG [Video]

Finalmente xa se subiu o video do debate sobre as touradas en Galicia, no programa Vivir Aquí da Televisión de Galicia; a ver que vos parece a miña intervención…

As barreiras caen

Cem Özdemir é fillo de inmigrantes turcos, chegados a Alemaña hai bastantes anos. Pero a súa historia non é unha historia corrente; é unha cadea de superación ata chegar, hai un par de días, á co-presidencia do partido alemán dos Verdes.

É o primeiro xermano-turco en acadar tal posición política, e tamén foi o primeiro, en 1994 en acadar un posto no Parlamento Alemán, e máis tarde no Parlamento de Europa. Sen dúbida é unha ledicia para os máis de 8.000.000 de turco-xermanos que residen no país. E tamén para Os Verdes, que supoño que pensaron nas próximas eleccións en Alemaña, xa no 2009.

Pero !ollo¡, tampouco hai que trabucarse, os partidos ecoloxistas como Os Verdes, teñen, por case “tradición”, adiantarse social e moralmente a moitas das medidas contra a discriminación ou as desigualdades, e isto é un exemplo que debería redundar en tódolos partidos políticos dos países democráticos, non só nos de sempre.