A botica da expresión Rotating Header Image

Decembro 2nd, 2008:

CIG adhirese á plataforma Galicia, mellor sen touradas

Galicia é unha das comunidades con menos afección ás corridas de touros de toda a península ibérica. Con todo, aínda son varias as cidades e institucións públicas que seguen promocionando e subvencionando este tipo de actividades inadaptadas aos nosos tempos.

A CIG é unha organización sindical con máis de 60.000 afiliados, e con presenza en organismos laborais a nivel estatal, sendo recoñecida como un dos sindicatos máis representativos do estado español desde a década dos 90.

Con esta recente adhesión, a campaña Galicia, mellor sen Touradas supera o limiar dos 10 millóns de persoas adheridas, representadas polas organizacións que consolidan a propia plataforma, cidadáns de países como Suecia, Holanda, Gran Bretaña, Estados Unidos, Portugal e lóxicamente España, entre outros.

Así mesmo, a plataforma sempre mantén abertas as súas portas a todas as galegas e galegos para que colaboren de xeito activo no fin da tauromaquia en Galicia, aportando o seu tempo ou coñecementos; posto que é a propia sociedade galega a que ten a chave para acabar con este maltrato.

Tendes máis info da plataforma na súa web: www.galiciamellorsentouradas.org

Sen dúbida é unha magnifica noticia, pois xa somos máis de 25 organizacións de todo o mundo traballando para eliminar as touradas de Galicia. E a esta adhesión, súmase a pregunta do BNG no Parlamento de Galicia sobre o apoio público a esta barbarie que algúns califican como “cultura”.