A botica da expresión Rotating Header Image

Xaneiro 4th, 2009:

Xustificacións

En moitas ocasións, como persoa e como activista nunha organización pro-dereitos dos animais, véxome na obligación moral de ter que xustificarme ante terceiras persoas pola miña condición de voluntario nunha ONG, ou pola miña escolla de ser vexetariano.

De forma usual, existen todavía individuos que discriminan as posicións ou opcións doutras persoas. O vexetarianismo é unha delas. Eu, case levo un par de anos sendo vexetariano, e a miña alimentación mudou de comer tódolos días animais, sexa carne ou pescado, a ter unha alimentación moitisimo más saudable, incluíndo non só os consabidos vexetais como leitugas, tomates ou cebolas: o “pack” básico de calqueira casa ou restaurante; senón tamén os descubrimentos menos coñecidos en Galicia: seitán, tofu, quinoa, mijo, etc.

Un vexetariano non só se alimenta de ensaladas, senón dun conxunto de alimentos que sorprenderían a calqueira persoa…

Sen embargo, a decisión de mudar ó vexetarianismo foi outra. Unha decisión ética; unha decisión que implicaba que non volvería a comer un animal polo sufrimento e explotación o que os sometemos cada día. Ó redor de 3.000 seres vivos son sacrificados para alimentación, vestimenta ou simplemente diversión. Unha cifra xigantesca que mostra o nivel de mercantilismo ó que sometemos ós animais.

Lóxicamente e ó contrario que pensan moitas persoas, un porco ou un polo non son obxetos de alimentación; son seres vivos que deben ter dereito a vida (valga a redundancia) como mínimo. A pesares diso, non temos problemas en encerralos, modificar os seus hábitos de conducta e facerlles parte fundamental dunha cadea de consumo macabro.

Noutras ocasións, a miña xustificación provén do meu activismo. Na Coruña, xa nos pasou varias veces nas mesas informativas, unha mesma  pregunta:  ¿Porque non protexedes @s nen@s?.

A primeira cuestión é moi sinxela de respostar: Non protexemos os nenos porque nos adicamos a procurar unha protección cara os animais. A ningunha persoa con plena intelixencia, se lle ocurriría preguntarlle a un membro da Cruz Vermella que porque non protexen a aguia imperial. Ou a un membro de Greenpeace, que porque non se ocupan dos refuxiados de Darfur.

Existen moitos campos do terceiro sector, e cada persoa pode escoller o seu libremente. Moitas veces nos atoparemos nesta situación, e na maioría delas, o noso “inquisidor” nunca fará nada polos demais, sexa humano ou non. Se non o credes; facede a proba.

Os animais non son paiasos [II]

Hai case un ano, en Maio, anunciei case en exclusiva a chegada da campaña “Animals are not clowns” a España, e por suposto a Galicia. Tras varios meses de duro traballo; xa podo anunciar un novo paso nesta campaña: a traducción do material ó galego.

A Asociación Animalista Libera! e FAADA colaboramos na tradución da cartelería a tódolos idiomas cooficiais de ese país chamado España.

Agora, “Animals are not clowns” tamén se chamará “Os animais non son pallasos”, “Los animales no son payasos”, “Els animals no son pallasos” e “Animaliak ez dira Pailazoak”.

Nuns días poderedes descargar os carteis da páxina web da Asociación Animalista Libera!.