A botica da expresión Rotating Header Image

Xaneiro 7th, 2009:

Gaza en Directo

Xa tendes disponible o especial “Gaza en Directo”, no apartado superior do blogue. É o twitter da canle de televisión árabe Al Jazeera, e o seu especial sobre a situación de Gaza.

Micronovas de 140 caracteres, que xa están “facendo furor” entre os medios de comunicación tradicionais. Nesta canle de Twitter sobre Gaza poderedes descubrir antes que outros medios e en tempo real que está a ocorrer na franxa de Gaza.

Durante a escritura desta entrada, o alto o fogo de 3 horas xa finalizou, e Israel continua o seu brutal ataque que xa causa centos de mortos e miles de feridos, a súa meirande maioría, poboación civil.

GAZA EN DIRECTO