A botica da expresión Rotating Header Image

Xaneiro 25th, 2009:

E a culpa é do…!!galego¡¡

Comeza a campaña electoral, e comezan os despropósitos verbais; aínda que nas filas de UPyD (que nome máis populista) xa levan vomitando tonterías todo o ano.

Dende que UPyD naceu, un dos seus primeiros movementos foi atacar ó nacionalismo, e non ter inconvintes en relacionalo co terrorismo e con todos os males que existen en Galicia e noutras comunidades.

Agora, a situación recrudécese, e UPyD da man de onmipresente Rosa Díez, clama o ceo ante as inxustizas que está a provocar o galego.

O galego debe ter a culpa de: terrorismo, fracaso escolar, crise económica, a masacre de Gaza, etc etc etc Porque o galego é o demo, e o nacionalismo galego, aínda máis.

Nestas semanas, Isca amosaba como nun mitín deste partido en Pontevedra, o reparto de panfletos con consignas dun democrata-de-toda-a-vida como Jose Antonio Primo de Rivera, recibian apoios e felicitacións por parte dos asistentes.

Xa antes UPyD amosou a súa disconformidade , mellor dito: atacou, cunha campaña da Universidade de Vigo, que promocionaba o multilingüísmo, !!que raro¡¡. Outra das pérolas é acosar á operadora aerea Swiss Air para eliminar o catalán dos seus servizos no avión, nun intento por impoñer a supremacía española alí por onde teñan algún afiliado un pouco gilipollas.

Pero non hai “cagada” maior que vincular o fracaso escolar dos nenos e nenas galegos ó uso do galego. Eu pregúntome como é posible facer dita comparación, cando os niveis de fracaso escolar en comunidades unilíngües como Madrid ou Andalucía teñen porcentaxes de abandono dos estudos semellantes e incluso superiores a Galiza, non entendo como se pode facer dita afirmación á lixeira, sen ter ningún estudo nen proba que demostre tal situación.

Tampouco me sorprende moito vindo dun partido populista, feito para persoas con pouca materia gris, e cun programa electoral que se pode escreber nun pano do peto.

Para a súa desgracia, UPyD non terá deputado algún nas vindeiras eleccións do 1 de Marzo.