A botica da expresión Rotating Header Image

Febreiro 3rd, 2009:

Lectura

Carta ó director non publicada na Voz de Galicia (nin papel nin dixital)

Jose Luís, de Brión, remite unha carta ó director no que compara UPyD co Partido Antitaurino Contra o Maltrato Animal (PACMA). Véxome na obligación moral de respostar unha vez unha carta que contén erros básicos, que se cometeron por non ler.

O programa político do PACMA, como partido político baseado na defensa dos dereitos dos animais, contén máis puntos que a abolición da tauromaquia. Abrangue desta forma, unha serie de propostas para renovar a legislación actual que protexe os animais, e a creación de novas fórmulas xurídicas que permitan que o resto dos seres vivos, e non só o ser humano, poidan ser protexidos perante a violencia.

Basearse en que un partido animalista, termo correcto, só pretende a abolición da tauromaquia é basearse na non lectura nin da súa páxina web, o que é grave, se logo pretendemos escreber sobre eles e, en certa forma, criticalos.

Maiorías

Carta ó director non publicada na Voz de Galicia (nin papel nin dixital)

Respostando á misiva de Lina-Miranda, aparecida no xornal o día 27 de Janeiro. Teño que dicir que as porcentajes que aporta son erróneas no tocante a omitir que circunstancias eleitorais supuxeron o 13% dos votos en Galicia. Nas eleccións autonómicas do 2005, o BNG recibiu case o 19% dos votos.

E volvendo a supoñer, recomendarialle a Lina-Miranda que lese os programas eleitorais dos partidos políticos que optan á presidencia o 1 de Marzo, antes de opinar sobre a seriedade das propostas.