A botica da expresión Rotating Header Image

Febreiro 9th, 2009:

Xa teñen mártir

Durante a manifestación de GB en Santiago, un grupo de independentistas coreaba gritos a prol do galego, ou quen sabe.

Varias persoas que asistían a manifestación respostaron con berros de “libertad”, e outros tamén con insultos e mofas pola carga policial. E unha delas, unha persoa da terceira idade encarouse cun rapaz pro-galego (que senón perdo tempo con tanta definición). A policía separou o home unha e outra vez, pero non paraba.

O final, e baixo a súa propia responsabilidade, burlou a mediación policial e atacou ó rapaz.

Ben, esta historia non é ficticia, e pódese ver na nova de A Nosa Terra, no propio video, a partires dos 0.30 segundos do comezo. No minuto 0:51 diríxese cara o rapaz. ¿Quén agrede a quén? E moi dificil sabelo, pero quén ten a intención de facelo é doado. En termos xurídicos diriamos que hai intención, ou mesmo “dolo”, que hai predisposición a causar dano.

O rapaz resposta á agresión de forma violenta, cegado por un “remix” de adrenalina e testosterona, que tanto caracterizou os enfrontamentos de hoxe entre independentistas e polícía nacional.

Con todo, a blogosfera da caverna xa está traballando a pleno rendemento na creación do mártir da imposición do galego. Aquel que pasará á historia “per sécula, seculorum”.

Unha mostra máis da falta de argumentos que empregan algúns, nesta ocasión por ambalas dúas partes. No creo que unha persoa que procura a agresión poda ser un mártir, ou demócrata como se lle chama nalgúnhas bitácoras da dereita. En todo caso é un inconsciente.