A botica da expresión Rotating Header Image

Febreiro, 2009:

Cadea perpetua

Cada vez que ocorre un caso terrible como o da sevillana Marta, ou a tamén andaluza, Mari Luz; os medios de comunicación xalean toda concentración, manifestación e/ou petición de instauración da cadea perpetua.

Non é estraño que dita petición veña das propias familias afectadas; é máis, ata o entendo. Unha situación na que perderon algo moi prezado: os seus fill@s; e nas que a rabia e a dor afloran como nunca.

Con todo, as leis non se poden deixar ao arbitrio dos sentimentos. Queiramos ou non, unha reforma no Código Penal afectaría a gran cantidade de persoas, e debe ser realizada mirando sempre cara á reinserción.

As penas e o cárcere serven, teoricamente, para colaborar na reinserción de seres humanos que cometeron crimes e delitos. É a esencia da segunda oportunidade. A hipotética instauración da cadea perpetua ten unha finalidade similar á pena de morte, para min: NINGUNHA.

Meter a unha persoa toda a súa vida nunha cela nin resolve o problema, nin contribúe á súa solución.

Non é raro que xuíces, fiscais e xuristas coincidan en que dita reforma é anticonstitucional, e que atenta contra os dereitos fundamentais dos internos en presidios.

Habería que reformar os medios dedicados á reinserción e valoración multidisciplinar dos internos, colaborando na súa evolución, mellorando as intervencións e abrigo primando segundas oportunidades.

Nun momento social, onde nin tan sequera un ex-preso se reinsira realmente na sociedade ¿como podemos pensar en confinar á xente durante toda a súa vida?.

Un libro imprescindible

¿Cantas falanxes tes?

Todavía dan os últimos coletazos as novas sobre a manifestación gilibolla en Compostela. E as noticias cada vez aportan máis datos sobre o número de asistentes, e a procedencia de ditos asistentes.

Non é de estranar que, co apoio da Falange Auténtica, gran parte da sociedade galega (os “fachas” non, por suposto) indignarase ante unha manifestación que fala de libertade e permite que camiñen xunto a eles determinadas ideoloxías xenófobas, e mesmo violentas; a pesares de que aparecesen como vítimas.

Unha das imaxes que ilustra esta hipocrisía, e a fotografía dunha persoa de cor (marrón) que aparece cun cartel dos gilibollas. A min gustaríame preguntarlle a ese ser humano, que lle parece que a manifestación conte co apoio, non só dun; senón de polo menos militantes e simpatizantes de 3 falanxes distintas, tres partidos que acadan unha representación nula no conxunto da sociedade pero que sembran odio e violencia alí por onde pisan.

¿Por qué se manipula tanto? ¿Por qué ese negriño posa co cartel? ¿é posible que saiba quen está detrás da manifestación?

Se tanto falan de liberdade (teñen a verba xa gastada), non creo que a mellor maneira de propugnala sexa amparando conductas penadas noutros países de Europa, a colación das súas comparacións entre estados europeos co tema da lengua.

Por outra banda, e falando de Europa, a flamante viaxe anunciada polos gilibollas, foi, ó final, unha ponencia privada para membros do Partido Popular Europeo. Ningún outro partido político acudiu a este relatorio, nin tan sequera a ultradereita europea os apoia…hai que fomentar máis os lazos con demócratas como Le Pen, que fai falla.