A botica da expresión Rotating Header Image

Febreiro, 2009:

Primeiro debate Eleccións Galiza2009

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/iaZapfAGmzo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Eu quedo con dúas cousas deste primeiro debate:

1. ¿Que propostas aportou o señor Rueda? Nos 76 minutos non escoitei proposta algunha do Partido Popular; quizais polo feito de que a oposición só lles serve para conxelar o mesmo programa eleitoral que fai 16 anos, igual que utilizan ó Fragasaurio na campaña da emigración.

2. O representante do BNG no debate, o señor Suarez Canal, foi o único que deixou insulsos debates e reproches para centrarse nas propostas de futuro, sen ter que atacar ó contricante (ou contricantes). Iso sen dúbida foi o mellor do encontro televisivo…

Xa teñen mártir

Durante a manifestación de GB en Santiago, un grupo de independentistas coreaba gritos a prol do galego, ou quen sabe.

Varias persoas que asistían a manifestación respostaron con berros de “libertad”, e outros tamén con insultos e mofas pola carga policial. E unha delas, unha persoa da terceira idade encarouse cun rapaz pro-galego (que senón perdo tempo con tanta definición). A policía separou o home unha e outra vez, pero non paraba.

O final, e baixo a súa propia responsabilidade, burlou a mediación policial e atacou ó rapaz.

Ben, esta historia non é ficticia, e pódese ver na nova de A Nosa Terra, no propio video, a partires dos 0.30 segundos do comezo. No minuto 0:51 diríxese cara o rapaz. ¿Quén agrede a quén? E moi dificil sabelo, pero quén ten a intención de facelo é doado. En termos xurídicos diriamos que hai intención, ou mesmo “dolo”, que hai predisposición a causar dano.

O rapaz resposta á agresión de forma violenta, cegado por un “remix” de adrenalina e testosterona, que tanto caracterizou os enfrontamentos de hoxe entre independentistas e polícía nacional.

Con todo, a blogosfera da caverna xa está traballando a pleno rendemento na creación do mártir da imposición do galego. Aquel que pasará á historia “per sécula, seculorum”.

Unha mostra máis da falta de argumentos que empregan algúns, nesta ocasión por ambalas dúas partes. No creo que unha persoa que procura a agresión poda ser un mártir, ou demócrata como se lle chama nalgúnhas bitácoras da dereita. En todo caso é un inconsciente.

Hoxe perdemos tod@s

Hoxe era unha oportunidade magnifica para festexar o fracaso dunha manifestación convocada ó mediodía en Santiago de Compostela.

Convocada polo colectivo GB, e apoiada pola dereita e ultradereita española: PP, UPyD, Ciudadanos e Falange Auténtica, entre outros; logrou reunir 2.500 persoas segundo fontes da Policía Local de Santiago, a pesares de que a axencia EFE cita fontes policiais e unha asistencia de 7.000 persoas.

O pasado ano tivo lugar unha manifestación a prol do dereito a vivir en galego, organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística e apoiada por máis de 500 colectivos de toda Galicia. 8.000 persoas segundo fontes policiais; 20.000 segundo os organizadores.

E aínda falo máis de fracasos, pois onte, en Barcelona, o partido Ciudadanos, con Albert Rivera á cabeza (tamén na cabeza do populismo chabacano), só acercou a 600 seareiros do partido, para protestar contra a política lingüística da Generalitat, avalada, o igual que a galega, polo Consello de Europa.

Hoxe era un día fabuloso para o ridiculismo, e para que o apartheid lingüístico solicitado por algúns caese polo seu propio peso. Un día para apoiar as concentracións ridiculistas, e un día para facer valer a forza que nos dan as leis, e a forza que nos da a realidade: somos máis, moitos máis.

Sen embargo, a violencia deulles as, e deulles a razón por unhas horas. Non podemos contrarrestar unha manifestación destas características tirando botellas e outros obxetos. A violencia nunca pode ser unha solución a unha manifestación, que mal nos pese, é perfectamente legal.

O 1 de Marzo volveremos ver quen ten razón. Non olvidemos que nas Eleccións Xerais do 2008, o populismo español de UPyD e Ciudadanos obteu pouco máis de 12.000 votos.

O independentismo tamén ten que manifestarse nas urnas, e non violentandose; para iso está a democracia…e hoxe, perdimos a razón polas “malas” formas de expresarnos